
O informe sinala que "o PIB real está aínda 2,3 puntos por baixo do nivel pre-crise, pero a fenda é maior no conxunto da economía española (3,8 puntos)" e que o crecemento do PIB real en Galicia e España caracterízase por unha achega positiva tanto na demanda interna como externa. Os expertos do Foro Económico salientan a maior contribución da demanda externa no segundo semestre do ano e apuntan que no cuarto trimestre a demanda externa achega 4,1 puntos ao crecemento agregado, fronte aos 1,8 puntos na economía española. Porén compre salientar o forte diferencial negativo na evolución do investimento, que medra en Galicia un 1,1% fronte ao 6,8% de media en España, engaden.
En canto á oferta, o sector servizos é que representa segundo os datos do Foro Económico de Galicia maior actividade, un 6,6% máis que no conxunto do estado. Tamén a industria manufactureira medra un 6,1% na comunidade autónoma no último ano, dúas décimas máis que España. Pola contra o sector primario contráese un 0,5% e a construción un 2,4% respecto ao ano precedente. O dinamismo do tecido produtivo galego segue a ser inferior á media do estado, afirman os autores do documento, indicando como cómpre insistir na menor produtividade do sector manufactureiro en relación ao conxunto do estado.
Mercado de traballo
No que atinxe ao mercado de traballo, o informe destaca un bo comportamento interanual tanto no caso dos homes como das mulleres pero, advirte, a mellora nas cifras da ocupación deben ser matizadas xa que Galicia mantense entre as comunidades autónomas con menores taxas de actividade e ocupación. Os datos da EPA, detállase no texto, reflicten que a creación de emprego rexistra maior intensidade no caso das mulleres que dos homes. Incrementase o emprego en persoas con estudos superiores, no sector servizos, asalariados e empresarios con asalariados e en persoas maiores de 45 anos, apuntan os expertos. No que atinxe ao desemprego o documento salienta que o principal aspecto negativo é o forte incremento do desemprego de longa duración, indicando que os menores de 25 anos, estranxeiros e persoas con estudos primarios son os colectivos que máis dificultades atopan para conseguir emprego.
O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesorado das tres universidades galegas, empresariado e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica, agrupando a un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.