
Así mesmo, lamentou a distribución levada a cabo ata o de agora, marcada polo centralismo -o Goberno resérvase o 100% dos fondos para proxectos industriais- e a lentitude. De feito, dos nove Pertes aprobados no Consello de Ministros por máis de 33.700 millóns de euros, menos do 14% se traduciron en convocatorias. Os fondos teñen que servir para transformar a economía cara á innovación, a sustentabildiade e a dixitalización, afirmou.
Conde incidiu en que desde Galicia se está cumprindo tanto coa presentación de proxectos tractores como na priorización de iniciativas solicitadas polo Goberno central. Así, lembrou que esta mesma semana se presentou un deses grandes proxectos: a construción dunha biofábrica de fibras téxtiles no concello lucense de Palas de Rei -na comarca da Ulloa-, da man da multinacional Altri, que implicará un investimento de 800M e a creación de 2500 empregos. Agárdase que poida acceder aos fondos europeos, unha vez que xa se presentou ao Goberno.
En total, Galicia trasladou ao Executivo propostas a todas as convocatorias anunciadas por valor de 8500 millóns de euros e coa participación de 200 empresas. Neste sentido, Conde amosou a preocupación tanto do Goberno galego, como do sector da automoción da Comunidade polo Perte do vehículo eléctrico e conectado, ante a posibilidade de quedar fóra a pesar de contar co principal fabricante de vehículos de España. Tal e como sinalou, desde Stellantis Vigo indican que os requisitos exixidos non van permitir que poida acollerse ás axudas e advertiu de que pode ser prexudixial para a viabilidade da propia factoría e para a competitividade desta industria en Galicia.
Conde rematou reiterando a petición de cogobernanza e solicitando transparencia e axilidade para non poñer en risco a execución dos proxectos.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.