Notas de prensa

A Feira do Moble de Galicia destaca como a cita de referencia anual para o sector

O encontro, que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria, reúne preto de 70 firmas directas e preto doutras 250 indirectas en máis de 26.000 m2 de espazo expositivo coas últimas tendencias en mobles, iluminación, decoración, artesanía, ou menaxe, entre os diferentes subsectores que este ano están representados.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, destacou na inauguración da XIX edición da Feira Internacional do Moble de Galicia, que se celebra na Estrada ata o 27 de setembro, que este encontro é un referente anual para o sector. Destacou así mesmo o impulso que supón tanto para comerciantes como para produtores, contribuíndo á dinamización económica da comarca.

O encontro, que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria, reúne preto de 70 firmas directas e preto doutras 250 indirectas en máis de 26.000 m2 de espazo expositivo. Na Feira do Moble de Galicia, en cuxa inauguración participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, van da man innovación, deseño e calidade, achegando as últimas tendencias en mobles, iluminación, decoración, artesanía, ou menaxe, entre os diferentes subsectores que este ano están representados. Nesta edición, a Feira conta co distintivo de Internacional, outorgado polo Ministerio de Economía e Competitividade.

No marco deste encontro, responsables do Igape participarán o martes 22 de setembro a partir das 11 horas nunha xornada técnica centrada en instrumentos de financiamento para as pemes galegas. Ademais, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria contará cun espazo propio durante toda a Feira, no que se achegará información sobre os distintos servizos e axudas dispoñibles.

A entrada á Feira do Moble de Galicia é gratuíta, e o recinto feiral permanecerá aberto cada día entre as 11 e as 21 horas, contando con programación paralela como actividades lúdicas, ou actuacións artísticas, entre outros. Ademais, sortearanse bonos de compra e agasallos entre os asistentes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES