Notas de prensa

Galicia amosa en Iberflora o seu potencial na planta ornamental con 130 viveiros e 900 hectáreas de cultivos

alicia está presente na feira Iberflora de Valencia cun espazo expositivo de 384 metros cadrados no que están representadas 10 empresas galegas do sector da planta ornamental. Galicia é unha verdadeira potencia neste sector, como o demostran os 130 viveiros existentes en Galicia.

A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, visitou o certame para apoiar coa súa presenza a promoción das producións primarias de Galicia presentes neste evento, considerado o referente profesional deste eido en toda Europa. A directora xeral puxo tamén de manifesto que este sector xera unha man de obra directa duns 1.690 empregados, sendo o que presenta o maior ratio de empregados por ha (1,8) do total de sectores do medio rural.

Patricia Ulloa lembrou que a planta que máis se produce en Galicia é a camelia, que se cultiva en dous terzos dos viveiros da nosa Comunidade. A estimación de produción de camelia en Galicia é superior aos 3 millóns de unidades ao ano, o que nos converte nun dos maiores produtores a nivel mundial. Dentro de España, Galicia é a terceira comunidade autónoma que máis planta produce, só por detrás de Valencia e Cataluña.

Planta e flor

Iberflora, a feira internacional de planta e flor, paisaxismo, xardinería, tecnoloxía e bricoxardín, celébrase dende hoxe e ata o vindeiro venres no recinto feiral de Valencia. Na pasada edición contou con 403 empresas expositoras, procedentes na súa meirande parte de España e cun 26% de expositores internacionais de 15 países. Este certame ocupou unha superficie de 53.000 metros cadrados e foi visitado por case 10.000 profesionais, dos cales uns 600 acudiron de países como Emiratos Árabes, Brasil ou Marrocos, ademais doutros da Unión Europea.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES