Dende Esquerda Unida rexeitamos os obxectivos orzamentarios que propón Montoro e solicitamos unha repartición social, xusta e equitativa do déficit entre o Estado e as comunidades autónomas. Para a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, estas cifras impostas polo PP son inxustas, e baséanse en sacrificar ás comunidades, para que estas se vexan na obriga de perpetuar o austericidio no gasto social, baseado en recortes en servizos públicos tan necesarios como a educación ou a sanidade.
Nesta liña, dende Esquerda Unida consideramos que precisamente as comunidades son as que prestan os servizos máis esenciais para as persoas, polo que, segundo explicou Díaz, entendemos que é totalmente inxusto que se lles esixa [ás comunidades] un déficit do 0,3% para o próximo ano, mentres que a Administración central poderá ter o 2,2%. Isto é un trato claramente discriminatorio e claramente centralista, xa que permite que o Estado teña un déficit maior que Galicia, cando é a comunidade autónoma a que presta a maioría dos servizos públicos, incidiu.
No Consello de Política Fiscal (CPFF), o primeiro despois dunhas eleccións autonómicas en que xa se castigaron as nefastas políticas neoliberais do PP, Montoro, tras perder a primeira votación, viuse na obriga de aprobar en minoría esta nefasta proposta, que levará consigo aínda unha maior perda de benestar social e menos servizos públicos para a cidadanía. Agora, as comunidades terán que baixar o déficit ao 0,7% no 2015, ata o 0,3% no 2016, o 0,1% no 2017 e ao cero no 2018.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.