Noticias

Galicia amplía ata 8 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica

Galicia amplía ata 8,1 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao terceiro trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase no 18,5%, en niveis prepandemia.

Galicia amplía así o diferencial coa media autonómica, que é 8,1 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades (26,6%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.

Ademais, Galicia tamén pechou o terceiro trimestre sendo a 2ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.174 euros fronte aos 6.610 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.436 euros menos que a media autonómica.

Volume de débeda

O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder pasar da reactivación á recuperación.

R., 2021-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (victor-ruppen.jpg) Víctor Ruppen (A Coruña, 1940-2018) é unha figura clave para entender unha etapa decisiva na procura dun cinema galego con continuidade, ambición profesional e vontade de diálogo co público. Arquitecto técnico de formación, produciu en total sete películas e foi socio das cadeas de exhibición Valle-Inclán, en Santiago de Compostela, Alphaville, en Madrid, e das distribuidoras Musidora e Videogram. Tras apoiar proxectos en súper 8, Víctor Ruppen impulsou a partir de 1975 o salto cara a formatos profesionais, con traballos en 16 mm e 35 mm que lles facilitaron aos cineastas da época novas condicións de produción e circulación.
Foto de la tercera plana (entrepontes-2026.jpg) Rábade acolle o próximo sábado, 30 de maio, a cuarta edición do Festival Entrepontes, promovido pola Asociación Cultural Fillos do Chaira. Mirando Flores serán os o encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas. Pola noite actuarán Ulex (20,00 h.), Monouilous DOP (21,20 h.), Amor Líquido (22,55 h.), Parquesvr (00,15 h.), e Pladür (1,50 h.). Haberá tamén un mercado de artesanía e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi. O horario previsto é de 16,00 a 19,00 horas.

Notas

Do 9 e 13 de xuño celebrarase en Ourense a VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH). Baixo o título 'Produción, distribución e consumo de cerámicas nos territorios atlánticos da península ibérica', a cita reunirá especialistas de España e Portugal para dar a coñecer as últimas investigación feitas neste tipo cerámica. O groso do evento terá lugar en Ourense, pero un dos días trasladarase a Lugo.
A USC investiga, a través do proxecto IDEOLINGAL, as ideoloxías lingüísticas e a construción de identidades en Galicia, centrando a súa atención no papel emerxente da creación de contido en galego nas redes sociais orais. A investigación propón unha metodoloxía innovadora que procura analizar como nesta oralidade dixital é posible observar procesos de cambio lingüístico.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES