A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, presentou na Casa Curiscada de Arzúa o proxecto Puleva ECO, juntos hacemos el cambio. Durante a súa intervención a directora xeral destacou que o sector da produción ecolóxica está a experimentar en Galicia un desenvolvemento moi importante no que corresponde a leite e derivados lácteos, pasando de pouco máis de tres millóns de euros no ano 2004 aos case 10 millóns no ano 2014.
Estes datos complementan as estatísticas publicadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, nos que a comunidade galega repunta como comunidade con máis explotacións gandeiras ecolóxicas, con 35 no ano 2013.
A directora xeral salientou ademais a importancia para a industria láctea galega de estar presente en mercados tan populares na actualidade como a agricultura ecolóxica e fixo fincapé en que os gandeiros deben traballar de cara a diferenciar o seu leite e obter o valor real desta diferenza.
En relación aos produtos da agricultura ecolóxica, Patricia Ulloa sinalou que un dos seus maiores atractivos é a calidade derivada da alimentación natural do gando e a súa cría en liberdade. Do mesmo xeito, fixo referencia ao selo de certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), que garante o cumprimento da normativa europea correspondente.
Puleva ECO
A iniciativa ecolóxica Puleva ECO promovida pola multinacional española recolle arredor de 7 millóns de litros de leite anuais, dos que un 99% provén de gandería galega. A gama consta de tres variedades: desnatada, semidesnatada e enteira, todas elas cun envasado aséptico e garantía de longa conservación.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.