//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu á directora xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Pilar Aparicio e á directora da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), Marta García, con motivo da xuntanza da Comisión institucional de Asan celebrada en Santiago.[FOTO]
Neste encontro aprobáronse varios documentos técnicos para harmonizar a aplicación de determinados criterios nos controis oficiais en todas as comunidades autónomas, como os relacionados coa cadea de produción do atún conxelado ou a prevención do anisakis entre outros.
A convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo impulsará 352 iniciativas de dinamización en máis dun cento de concellos de toda Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, anunciaron a resolución deste proxecto que conta cun investimento de 4,7 millóns de euros por parte da Xunta e permitirá mobilizar preto de nove millóns de euros en todo Galicia, ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.
Un texto do noso colaborador Armando Requeixo, publicado en Galicia Digital o 8 de febreiro de 2019, formou parte do temario das recentes probas de selectividade, como opción B de Lingua Galega e Literatura II. Nel, refírese á obra de Sinclair Lewis (1885.1951), "It Can't Happen Here" ("Iso non pode pasar aquí"). Para Galicia Digital foi sorpresa grata atopar no temario da Selectividade esta referencia á publicación en "Opinion" do artigo do escritor e profesor Armando Requeixo, que evidencia o seu bo facer no mundo da literatura e do comentario de actualidade.
A Rede Galega de Música ao Vivo, que conta actualmente con 20 salas de 14 localidades, achégalle ao público unha oferta de 199 concertos de 54 solistas e grupos, maioritariamente galegos. A súa actividade anual súmase á doutros tres circuítos de espectáculos (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Cultura no Camiño) no sentido de favorecer a circulación dos espectáculos escénicos e musicais producidos en Galicia, ademais de lle achegar á cidadanía unha oferta cultural ampla, descentralizada, plural e aberta. Os carteis ofrecidos por estes locais reflicten unha gran variedade de estilos, que van do rock e pop ao jazz, pasando pola canción de autor, o folk ou o punk.
Trátase do primeiro compendio publicado na nosa comunidade que contén exclusivamente datos estatísticos forestais. A elaboración deste anuario responde ao establecido pola normativa, xa que a propia Lei de montes de Galicia dedica un artigo enteiramente á estatística forestal. O grupo de traballo para a revisión do Plan Forestal de Galicia, creado no seo do Consello Forestal, estableceu unhas directrices ao respecto da importancia de dispor de estatísticas e información fiable e actualizada sobre a realidade do monte galego. O Anuario inclúe información completa e detallada sobre a estrutura da propiedade forestal, así como sobre a ordenación e xestión forestal, repoboacións, tratamentos silvícolas, loita biolóxica contra diferentes doenzas e pragas e producións forestais.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiron a constitución do novo Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para este ano 2019. Este órgano estará operativo desde o 1 de xullo ata o vindeiro 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios forestais. Este comité ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de sumar sinerxías e minimizar os danos ocasionados por esta lacra que afecta ao noso patrimonio forestal.
O achado dun vaso cerámico parcialmente conservado durante as escavacións de Cova Eirós (Triacastela, Lugo) permite achegar novos datos sobre o proceso de Neolitización da Fachada Atlántica e de Galicia en particular, tal e como reflicte un estudo recentemente publicado na revista Trabajos de Prehistoria. Tanto pola súa forma de botella como pola súa profusa decoración (realizada coa impresión dunha cuncha de berberecho, Cerastoderma edule), o recipiente lembra claramente a cerámica cardial, tan característica do rexistro arqueolóxico entre os primeiros grupos neolíticos do sur da Península Ibérica. As actuacións que levan desenvolvéndose desde o ano 2008 permitiron descubrir pinturas e gravados dun valor único e excepcional en Galicia.
As Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia acollen desde hoxe ata o 18 de agosto Plástico a mareas, unha instalación artística de María José Arceo para alertar da alta contaminación que producen estes refugallos na contorna natural. María José Arceo realizou a intervención a partir de refugallos deste material recollidos da costa galega e do río Sar en Compostela, a súa cidade natal, aínda que vive desde 1984 en Londres. Deste xeito, a artista desprazouse durante o mes de maio a Galicia para realizar limpezas en praias, de xeito individual ou con colectivos, como un de persoas con discapacidade intelectual que asistiron hoxe á inauguración.
Concédese esta distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, se considera merecedora do recoñecemento de toda Galicia. Marisa Crespo dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Transplante Cardíaco no CHUAC. Teresa Portela é unha piragüista que compite na modalidade de augas tranquilas. As redeiras de Galicia son profesionais que se dedican á confección, reparación e mantemento de artes e aparellos de pesca. Jeanne Picard fundou Stop Accidentes España despois de que un dos seus fillos falecese nun accidente de tráfico. E Benedicta Sánchez é unha das actrices da película O que arde, de Óliver Laxe, galardoada en Cannes.
Deuse a coñecer aos oito gañadores da décima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. En total son oito os proxectos seleccionados que recibirán un premio de 10.000 euros cada un, cifra que deberán reinvestir na iniciativa gañadora co obxectivo de realizar melloras, apostar pola conservación ou executar actuacións complementarias. Os galardóns entregaranse o vindeiro 21 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón). Na categoría de proxectos culturais e de recuperación patrimonial do medio rural, o premiado foi a Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, pola promoción da cultura a través da figura de Eduardo Pondal, co desenvolvemento de programas favorecedores do patrimonio material e inmaterial.
O Lugo Numismático percorrerá nesta terceira edición varios espazos da provincia, comezando por Lugo, e continuando con Samos, o Castro de Viladonga ou o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla.
Os xogadores participantes teñen a oportunidade de coñecer a oferta turística do sur de Galicia a través dun amplo programa de actividades complementarias. O evento celébrase entre os días 23 e 27 de maio no campo de golf Balneario de Mondariz e conta coa participación de 169 golfistas. Obxectivos: promocionar Galicia para o golf e desestacionalización cara o turismo de saúde.
A Fase Final do XVI Rebumbio Matemático celebrouse o venres, 20 de maio, cun día de convivencia cos 45 estudantes dos 15 equipos clasificados nas distintas zonas.
Na presentación precisouse que os 30 equipos participantes farán por remudas un traxecto que chega case aos 800 quilómetros e durante os cales os corredores poderán explorar os seus límites e desfrutar do patrimonio que atoparán ao longo do traxecto. En 2015 percorreron o Camiño Francés 172.000 peregrinos: elexírona dous de cada tres.
El viernes 20 de mayo a las 11:30 horas ha tenido lugar en la Plaza de Santa María (Lugo) un flashmob, organizado por Aspnais para celebrar su 50 Aniversario, en el que han participado cerca de un millar de lucenses, entre ellos cientos de niños de diversos centros educativos de la ciudad.
A Fundación Barrié impulsa Piteas, un programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento nas aulas, en colaboración coa Xunta e a USC. Os contidos formativos van dirixidos a docentes de primaria, secundaria e bacharelato e a orientadores de toda Galicia.
Así o destacou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias na inauguración do I Encontro de bloggers gastronómicos desta DOP, que se celebra en Santiago, e aos que lles pediu a súa complicidade como divulgadores para poñer en valor este queixo e todos os produtos agroalimentarios galegos.
Compostela será unha das 21 cidades españolas que celebren o Pint of Science 2016: un festival internacional que do 23 ao 25 de maio leva a ciencia aos bares co único obxectivo de facela accesible ao público e co que colabora a USC. A luz e as estrelas centran a última sesión do singular festival.
o portavoz do BNG no Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera, manifestou que o clamor da Comunidade educativa contra a LOMCE e a celebración de reválidas son unha moción de censura ao modelo educativo imposto e a submisión da Xunta ao Ministerio e propón un "cambio na orientación da política lingüística do PPdeG.
O economista José María Gay de Liébana impartirá unha conferencia sobre o sector hostaleiro como motor de desenvolvemento. Farase unha xornada de portas abertas. Escollerase ao mellor alumno do ano e haberá aulas prácticas e unha cata de chocolates.