
Os tres primeiros premios foron para os seguintes equipos:
1º Premio: Equipo 6ºB al CUBO, do centro CPR San José de Cluny (Santiago), formado polos estudantes: Pedro Otero Piñeiro, Eduardo Villaverde Díaz e Jacobo Trillo Rodriguez.
2º Premio: Equipo LOS NUMERALES, do centro CPR Hijas de Jesús (A Coruña), formado polos estudantes: Xavier Formoso Castro, Iván rodríguez Vázquez e Loreto Abad Deuso.
3º Premio: Equipo ROMPEPROBLEMAS, do centro CEIP Cerdeiriñas (Vila de Cruces), formado polos estudantes: Lidia Sanmartín Torres, Roi Casal Blanco e Nuria Torres Novo.
Pola mañá, entre as 11 e as 12:45 h, tiveron a sesión de resolución de problemas no Forum Metropolitano da Coruña. Logo visitaron a Casa dos Peixes Aquarium Finisterrae.
Despois do xantar na mesma Casa dos Peixes, tivemos a entrega de premios e recordos no Forum Metropolitano.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.