
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse á Carreira do Peregrino, que chegará a Santiago desde Roncesvalles, como unha oportunidade para unir os valores do olimpismo cos valores xacobeos. Estamos a falar dun evento que se celebra no Ano da Misericordia, ano olímpico e no 120 aniversario dos primeiros xogos da era moderna Atenas 1886- e que, polo tanto, será unha excelente oportunidade para combinar os valores humanos que nos unen, afirmou.
Durante o acto de presentación, Feijóo precisou que os 30 equipos participantes farán por remudas un traxecto inesquecible entre Roncesvalles e Compostela, un traxecto que chega case aos 800 quilómetros e durante os cales os corredores poderán explorar os seus límites, poñer a proba valores como o compañeirismo e o traballo en equipo e desfrutar do patrimonio que atoparán ao longo do traxecto.
O titular do Goberno galego incidiu en que a Carreira do Peregrino transitará polo Camiño Francés, que o ano pasado percorreron 172.000 peregrinos, é dicir, dous de cada tres persoas que fixeron o Camiño en 2015 (262.000 peregrinos en total), fixérono por esta ruta.
Logo de precisar que o Camiño de Santiago foi o punto de encontro de persoas procedentes de ata 178 países, Feijóo afirmou que este evento, que terá lugar desde o 19 de setembro ata o 24, pode chegar a converterse na semente dun dos eventos máis fermosos do mundo, como é peregrinar facendo deporte.
Logo de dar as grazas ao Comité Olímpico Español, por apostar por Galicia, Feijóo aproveitou o acto de presentación do evento para entregarlle ao presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco, a distinción ao Mérito Deportivo de Galicia.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.