
A Nave de Vidán (Avda. Mestra Victoria Miguez, 44) acollerá do 23 ao 25 de maio, ás 20.30 horas e entrada libre, a intervención de tres relatores que falarán de ciencia e conversarán sobre distintas cuestión coas persoas que decidan achegarse ás sesións.
O 23 de maio participará a catedrática de Física Aplicada da Universidade de Vigo Betty M. León Fong coa charla A volta do pirata da pata de pau; a directora executiva de Nanogap, Tatiana López, que explicará a terceira dimensión da táboa periódica; e Beatriz Hervella, de 4gotas Atmosfera e Océano SL, que exporá o relatorio O Galo de Barcelos 3.0.
A xornada do 24 estará dedicada á nanobioloxía e para iso contarán con África González, do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e da Universidade de Vigo, que falará do mundo do pequeno; coa investigadora do CIMUS/IDIS de Santiago Carmen Rivas que explicará os virus emerxentes; e a catedrática de Xenética da USC Laura Sánchez Piñón, que intervirá coa charla Garrod, Santa Pola e a edición xenética.
A luz e as estrelas centrarán a última sesión do festival, a do día 25, na que participarán tres docentes da Universidade de Santiago. Comezará a profesora do Departamento de Electrónica e Computación e investigadora do CiTIUS Dora Blanco Heras coa charla Escoitando a luz, para seguir con Eses astrónomos tolos polo ceo... da profesora e investigadora do Observatorio Astronómico da USC Josefina F. Ling e rematar coa profesora do departamento de Xeometría e Topoloxía María Elena Vázquez Abal co relatorio Curvatura: O perfil sexi da Xeometría.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.