Notas de prensa

Galicia posiciónase como destino de golf co VII Torneo Peregrinación en Mondariz

Os xogadores participantes teñen a oportunidade de coñecer a oferta turística do sur de Galicia a través dun amplo programa de actividades complementarias. O evento celébrase entre os días 23 e 27 de maio no campo de golf Balneario de Mondariz e conta coa participación de 169 golfistas. Obxectivos: promocionar Galicia para o golf e desestacionalización cara o turismo de saúde.

O campo de golf Balneario de Mondariz acolle ata o 27 de maio, a VII edición do Torneo de golf Peregrinación, un evento deportivo patrocinado por Turismo de Galicia para promover a práctica deste deporte na comunidade galega.

Neste torneo, que está enfocado ao público sénior, participan 169 golfistas da Asociación Española de Séniors de Golf, AESGOLF, procedentes de toda España dos cales 60 participantes proveñen da Comunidade de Madrid e 69 de Cataluña.

Os xogadores do torneo teñen a oportunidade de gozar da oferta turística galega a través dun amplo programa complementario, no cal está previsto un cruceiro pola Ría de Vigo, con visita ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, entre outras actividades.

Colaboración de Turismo de Galicia

Este evento, ademais de dar a coñecer as posibilidades de Galicia para a práctica do golf, busca tamén a promoción da desestacionalización turística e promover especificamente o turismo de saúde, para os participantes no torneo e os seus acompañantes.

Deste xeito, Turismo de Galicia apoia a celebración deste evento deportivo con distintas accións de promoción destinadas a promover tanto o torneo como o propio destino turístico.

O golf no Plan Integral de Turismo

O Plan Integral de Turismo de Galicia vén reflectida a necesidade de impulsar a promoción e o apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos en tempada baixa, así como a creación de campionatos de golf vencellados ao turismo termal.

Por iso, estanse impulsando accións encamiñadas á promoción, á captación de máis turistas e ao establecemento de sinerxías con operadores nacionais e internacionais especializados no turismo de golf.

Deste xeito, entre as actuacións máis salientables destacan a participación en feiras sectoriais de golf, accións de promoción en medios de comunicación especializados en colaboración coas empresas xestoras dos campos, a realización de eventos Green Day para participantes amateurs, o lanzamento de ofertas de fins de semana multiexperienciais combinando turismo de golf con turismo termal ou rural, o desenvolvemento de paquetes pechados que consten de Green Fee e clases de iniciación ou perfeccionamento realizadas por monitores propostos pola Federación Galega de Golf e a Asociación Galicia, Destino Golf; e tamén a creación de paquetes turísticos, ofertando golf, aloxamento, termalismo e gastronomía, especialmente para o colectivo sénior.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES