
Coordinado dende a Universidade de Santiago de Compostela, a xuntanza de lanzamento deste proxecto acaba de desenvolverse no Campus de Lugo co horizonte posto no impulso de 18 laboratorios vivos, 15 en Europa e tres en China, para co-crear innovacións agroecolóxicas e dixitais.
A xuntanza de lanzamento constou de varios talleres que serviron para profundar en diversos aspectos do proxecto. Así, abordáronse as redes de comunidades de negocio centradas na innovación rural, o vínculo entre o territorio e as innovacións agroecolóxicas e dixitais (ADIs, polas súas siglas en inglés), novos modelos de negocios rurais, ou a modelización e optimización dos modelos de negocio das comunidades rurais, entre outros aspectos.
Adoptar solucións
En concreto, no marco de Greencoop levaranse a cabo doce demostracións que se integrarán en tipos relevantes de sistemas agrícolas (ideotipos de predios) seleccionados polos Laboratorios Vivos que servirán de base para desenvolver novos modelos de negocio no rural. Estes modelos mellorarán os negocios rurais actuais, permitindo superar a situación actual e adoptar solucións agroecolóxicas e dixitais innovadoras e rendibles, á vez que aumentan a prestación de servizos ecosistémicos ambientais, a calidade de vida das persoas que se dedican á agricultura e a revitalización das zonas rurais, destaca a catedrática da área de Produción Vexetal da USC no Campus de Lugo.
Greencoop, dotado con oito millóns de euros, pretende promover a economía social, mellorar a prosperidade dos persoas que se dedican á agricultura e o emprendemento rural mediante a optimización do uso dos recursos no predio, a redución do dano ambiental, a mellora das condicións laborais e a inclusión nomeadamente de mulleres, o fomento da bioeconomía e a economía circular, e o aumento do número de empregos e competencias de alta calidade.
Agárdase que as demostracións promovan a participación das persoas que se dedican á agricultura e ao emprendemento rural nos sistemas alimentarios. Tal e como sinala a investigadora do Campus Terra, isto contribuirá a aumentar a prestación e valorización dos servizos ecosistémicos, mellorar a seguridade alimentaria e mitigar e adaptar os sistemas agrícolas ao cambio climático, aumentando a resiliencia do mercado.
Obxectivos
Greencoop é un proxecto de catro anos que aspira a crear e avaliar, a través dun enfoque multimodal e multidisciplinario, un conxunto de doce demostracións; analizar a integración das demostracións e as interaccións coas industrias relevantes nos negocios rurais da UE mediante o desenvolvemento dos novos modelos de negocio para as comunidades rurais; comparar os modelos de negocio actuais cos novos avaliando os seus impactos económicos, ambientais e sociais; e optimizar os novos modelos de negocio para mellorar a sustentabilidade dos sistemas agrícolas, a produtividade, a conectividade rural-urbana e a resiliencia fronte ao clima e o mercado.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.