
Durante o ano 2025, a APLU levou a cabo preto de 1.000 actuacións inspectoras, que deron lugar á apertura de 165 novos expedientes relacionados con posibles infraccións urbanísticas. +
No mesmo período resolvéronse 254 expedientes, catro máis que no exercicio anterior. Cómpre ter en conta que o prazo de resolución destes expedientes é de 12 meses, polo que esta cifra inclúe tamén os procedementos iniciados en anos anteriores.
No balance da actividade administrativa do 2025 da APLU, concrétase tamén que son 50 os expedientes sancionadores resoltos, todos eles por infraccións á normativa de Costas. A diferencia respecto do ano anterior é de 7 expedientes sancionadores máis.
No balance do pasado exercicio tamén se contabilizan 312 multas coercitivas impostas, correspondentes a expedientes de diferentes anualidades, unha cifra lixeiramente inferior á do ano 2024 (355). O importe total das sancións e multas coercitivas impostas alcanzou o millón de euros.
Por provincia, deste total de 312 multas impostas, 119 se tramitaron na provincia de Pontevedra, 72 na da Coruña, 87 na de Lugo e 34 na de Ourense. A maior concienciación cidadá e o desenvolvemento do programa de actuación dos axentes da APLU están a contribuír a estabilizarse e reducir o número de sancións impostas desde o ano 2017, cando se acadou o pico máis alto con 637 sancións.
En relación coa actividade máis puramente administrativa, no 2025 interpuxéronse 226 recursos administrativos e resolvéronse 481, o que permitiu avanzar na axilización destes procedementos.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.