O congreso, que se prolongará ata o sábado, foi inaugurado por Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia; Rosendo Fernández, deputado provincial; César Andrés Sánchez, presidente de Sgapeio, e Ana Pérez, co-presidenta do comité organizador do evento. Nas súas intervencións puxeron en valor a importancia da estatística e da investigación de operacións nos diferentes eidos profesionais, desde o académico e o económico ata o sanitario e agrario, e a importancia de contar con foros coma este congreso para o intercambio de coñecementos e inquedanzas.
O congreso conta co patrocinio de SiDOR Research Group, a Vicerreitoría do Campus de Ourense e o Campus Auga da Universidade de Vigo; o Grupo de Modelización, Optimización e Inferencia Estatística da Universidade da Coruña; o Grupo de Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións da Universidade de Santiago de Compostela; o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. O seu Comité Organizador está formado por un amplo grupo de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo encabezado por Ana Pérez e Tomás R. Cotos (presidentes do comité) e Manuel A. Mosquera (secretario). Neste comité tamén participan o Instituto Galego de Estatística e o IES As Barxas (Moaña).
Presentación de 50 traballos
Formando parte desta cita en Ourense terá a lugar a Xornada de Aplicacións de Estatística e Investigación de Operacións na Agricultura e o Medio Ambiente e as II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións. Ao longo de tres días de actividade, o congreso contará cun amplo panel de conferencias plenarias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións a cargo de especialistas nas diferentes materias. En total, presentaranse arredor de 50 traballos de especialistas de áreas de coñecemento moi diversas, como sanidade, educación, economía e agricultura. As mesas redondas abordarán cuestións como a deriva da estatística oficial e a estatística nas probas de acceso á universidade (PAU) e as comunicación cuestións referidas por exemplo á teoría de xogos e á estatística pública. Ademais haberá obradoiros de temas como o software Pyomo e datos computacionais. As conferencias plenarias correrán a cargo de Juan Carlos Escanciano (Universidad Carlos III de Madrid), Wenceslao González (Universidade de Santiago de Compostela), Josep Freixas (Universitat Politècnica de Catalunya), Javier Palarea (Universitat de Girona) e Anabel Forte (Universitat de València).
O XVII Congreso de Estatística e Investigación de Operacións, indican desde a súa organización, forma parte da intensa programación que, desde hai anos, desenvólvese desde a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións a través de reunións científicas, boletíns informativos, intercambios nacionais e internacionais e fomento da relación entre as universidades galegas e os sectores público e privado, co obxectivo de a estimular a investigación e a difusión da estatística e da investigación de operacións ao servizo da ciencia e da sociedade.
A economía galega medrará catro décimas máis do previsto hai un ano, cando se elaboraron os orzamentos vixentes. Así se desprende do Informe sobre as previsións macroeconómicas que se incluirán nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2027, elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e que hoxe foi avalado pola AIReF. Deste xeito, segundo constata o documento, Galicia medrará máis do previsto para este ano. Non en van, se en xullo, cando se aprobou o teito de gasto non financeiro, a Comunidade xa mellorou a previsión de crecemento que estaba nos orzamentos para este ano en dúas décimas, pasando do 1,9 % ao 2,1 %, agora volve a facelo, mellorando noutras dúas décimas (ata o 2,3 %) a previsión para o peche de 2026.