
A Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla agrupa a máis de 1.800 produtores e 38 elaboradores, que producen anualmente preto de 1.500 toneladas de queixo, cun valor económico próximo aos 9 millóns de euros. Así o destacou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na inauguración do I Encontro de bloggers gastronómicos desta DOP, que se celebra en Santiago.
A directora xeral pediulles aos blogueiros a súa complicidade como divulgadores para poñer en valor non só o queixo Tetilla senón, en xeral, todos os produtos agroalimentarios galegos.
Neste sentido, Belén do Campo indicou que en Galicia temos a sorte de contar con infinidade de produtos de calidade, entre os que destaca o máis rico leite, co que se elaboran os afamados queixos, que contan con recoñecementos de calidade como as denominacións de orixe protexidas (ademais de Tetilla, en Galicia teñen este selo os queixos Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa).
Na súa intervención neste acto, a directora xeral salientou ademais que a gastronomía galega constitúe un dos principais atractivos da nosa Comunidade. Esta cultura culinaria, engadiu, é posible grazas a que os produtos galegos teñen as súas propias peculiaridades, cociñados de forma familiar e artesanal, pausada, abundante e variada.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.