
Ten como obxectivo levar a formación universitaria a persoas que normalmente non poden acceder a ela, especialmente en zona rurais ou con dificultades económicas ou xeográficas, lembra Alfonso Lago, vicerreitor de Titulacións e Innovación Educativa da UVigo, que destaca o seu valor para reducir desigualdades, facer a educación máis inclusiva e combater o illamento.
Respecto do ano pasado, o programa case duplicou o número de concellos das provincias de Pontevedra e Ourense nos que se está a desenvolver, pasando de cinco a 11 sedes, concretamente Allariz, Barro, Cambados, Catoira, Covelo, Celanova, Lalín, Moaña, Poio, O Rosal e Soutomaior. Achegando o saber científico, artístico e tecnolóxico á poboación sénior, a UVigo consolida o seu compromiso coa formación permanente, levando a excelencia académica máis aló dos campus e adaptando a súa oferta ás necesidades de cada comarca en Pontevedra e Ourense, destaca Carmen Abreu, coordinadora do PUM.
Oferta adaptada ás demandas dos concellos
Os seminarios ofertados este ano inclúen contidos transversais sobre arte e historia poñendo o foco no patrimonio local dos propios concellos, como a catedral de Ourense ou o casco antigo de Allariz. Doutra banda, na maioría dos casos incorpóranse aspectos tecnolóxicos sobre intelixencia artificial ou a protección fronte as estafas e timos con base tecnolóxica e tamén se abordan cuestións económicas sobre materias fiscais e impostos, para aqueles concellos que así o pediron.
Outro gran bloque de seminarios relaciónase co envellecemento saudable, con contidos sobre saúde física como a prevención das caídas, as reaccións en caso de urxencia médica, a realización de exercicio como pilates para a mellora das saúde; e contidos relacionados coa saúde mental, abordando a intelixencia emocional, o mantemento dunha mente saudable, detalla Abreu.
Os seminarios que comezaron a mediados de abril no concello de O Covelo, rematarán en O Rosal a principios de xuño, logo de percorrer as 11 localidades previstas nesta edición.
As mulleres tamén son maioría neste programa
Desde a Vicerreitoría de Titulacións e do PUM agardan repetir este ano o éxito de asistencia de edicións pasadas, nas que se chegaron a acadar medias de ata 35 persoas por sesión. Na edición de 2025 a media de asistentes nos cinco concellos nos que desenvolveu foi dunhas 20 persoas en cada seminario nos concellos pontevedreses e de 15 nos de Ourense.
A distribución por xénero é curiosa, na provincia de Pontevedra o 83,8% con mulleres e o 16.20%, homes. Mentres que en Ourense pasa algo semellante cun 76,8% de mulleres e un 23,20% de homes, detalla Alfonso Lago, que reitera a importancia dos programas universitarios de maiores porque converten a universidade nun recurso accesible para toda a sociedade, reducen desigualdades, impulsan o desenvolvemento privado e social e fortalecen tanto medio rural como a participación cidadá.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.