
Na inauguración desta tarde, que se fixo coincidir ex profeso coa celebración do Día Internacional do Medio Ambiente, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, enxalzou o papel da arte como valiosa ferramenta de sensibilización social ante problemas graves, como o exceso de lixo, sobre todo os residuos plásticos e a contaminación que estes provocan no medio ambiente. Neste senso, lembrou a conexión das Hejduk coa contorna, tanto porque foron ideadas como torres botánicas para o parque de Belvís, como por ter acollido intervencións artísticas vencelladas ao medio ambiente, como Betula Pendula de Martín Toimil, quen pendurou bidueiros (queimados e vivos) para sensibilizar sobre a lacra dos lumes nos montes galegos.
No caso de Plástico a mareas, María José Arceo realizou a intervención a partir de refugallos deste material recollidos da costa galega e do río Sar en Compostela, a súa cidade natal, aínda que vive desde 1984 en Londres. Deste xeito, a artista desprazouse durante o mes de maio a Galicia para realizar limpezas en praias, de xeito individual ou con colectivos, como un de persoas con discapacidade intelectual ¬organizado a través de Aspamite de Teo e que asistiron hoxe á inauguración. Con estas colaboracións, María José Arceo procurou unha implicación colectiva da sociedade co obxecto de apelar a súa corresponsabilidade altruísta na conservación e no respecto do medio.
Este colectivo colaborou nunha recollida de lixo na Illa de Arousa e tamén na elaboración de tres das sete restras de paus de tiburón das bateas, que se poden ver na torre opaca das Hejduk, na que se nos traslada a un fondo mariño. Neste senso recreativo, Plástico a mareas procura unha experiencia de percepción multisensorial, de carácter inmersivo, coa intención de provocar fisicamente os e as asistentes; transportalos ao mesmo fondo do océano e, desa maneira, proporcionarlles a oportunidade de visualizar e percibir a través de cheiros, sons e luces os problemas que a presenza de plásticos xera na auga e conseguir, á vez, estimular e espertar hábitos de consumo responsable.
Inauguración o Día Internacional do Medio Ambiente
Plástico a mareas fíxose coincidir ex profeso co Día Internacional do Medio Ambiente, xa que a artista compostelá María José Arceo centra o seu traballo en accións para espertar a conciencia medioambiental da sociedade. Así, tamén no río Támesis levou a cabo unha limpeza similar á realizada no Sar, na que transformou o lixo recollido nunha pegada xigante.
Precisamente, neste Día Internacional do Medio Ambiente a patrocinadora da intervención Plástico a mareas, a empresa Viaqua, realizou varias actividades vencelladas con esta celebración. Así, pola mañá, a Sala Eisenman acolleu unha entrega de premios literarios a escolares da ESO e Bacharelato do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela). As gañadoras foron tres rapazas que afondaron nas súas creacións sobre a importancia da auga como recurso escaso e imprescindible para vivir.
Pola tarde, organizouse unha cata de augas e un obradoiro. A esta acción convidouse a un colectivo de nais con contas influencers nas redes sociais, que tamén asistiron previamente á inauguración, xunto ao director de Viaqua, Julio Masid, quen amosou o compromiso da entidade con iniciativas que, desde o ámbito da cultura e da arte, incidan na sensibilización e corresponsabilidade de toda a sociedade na conservación e respecto ao medio ambiente.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.