
Lembra Requeixo esta obra en relación coa polémica xestión do Presidente Donald Trump, xa que nela se aborda o ascenso do senador Berzelius 'Buzz' Windrip, ata a Presidencia dos E.E.U.U., "un outsider" ao que o seu propio partido non parece tomar en serio, pero que resulta un habil orador, populista, falangueiro e cómico, cun don para saber o que á xente lle encanta oir".
Para Galicia Digital foi sorpresa grata atopar no temario da Selectividade esta referencia á publicación en "Opinion" do artigo do escritor e profesor Armando Requeixo, que evidencia o seu bo facer no mundo da literatura e do comentario de actualidade.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.