
O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) entrega o sábado, 21 de maio, os premios do seu I Concurso Desafío Hostaleiro, no que participan alumnos de primeiro e segundo de bacharelato. Os equipos interesados, formados por tres membros, debían converterse no comité de dirección dun hotel virtual e amosar a súa capacidade para xestionar este establecemento. A iniciativa foi posta en marcha por Turismo de Galicia para promover a oferta formativa do CSHG entre o seu público obxectivo.
Nesta xornada tamén se recoñecerá o mellor alumno do centro con base nos seus valores académicos e humanos segundo o criterio do persoal e alumnos. Tamén no marco desta celebración, o CSHG ofrecerá unha xornada de portas abertas para todas as persoas que desexen coñecer as súas instalacións e tamén se impartirá a conferencia Sector hostaleiro: motor de impulso da economía española, a cargo do economista e profesor universitario José María Gay de Liébana.
Ademais, os asistentes poderán participar en catro actividades de tipo práctico que organiza o CSHG: Escola de sabores, unha cata de chocolates; False friends, sobre as confusións lingüísticas máis frecuentes do inglés; Idea o teu restaurante, sobre como poñer en marcha un negocio; e Sabor ou marca?, unha cata organizada polo departamento de marketing.
Os actos comezarán ás 10.30 horas coa recepción de visitantes no edificio principal do centro. A continuación, ás 11.00 horas, terá lugar a conferencia de Gay de Liébana. Ás 12.30 horas continuarase co recoñecemento ao mellor alumno do centro e coa entrega de premios. Un pouco antes das 13 horas comezarán as actividades prácticas e finalizarase a xornada cunha visita ás instalacións.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.