
O traballo, publicado na revista Paleoceanography and Paleoclimatology, parte dos sedimentos acumulados durante milenios no lago Peixão, na Serra da Estrela (Portugal). A investigación é froito do proxecto internacional HOLMODRIVE iniciado en 2018 e liderado polo investigador do CICA Armand Hernández, no que participa un equipo científico de España, Portugal, Alemaña, Suíza e Canadá. No estudo participa tamén o investigador do CICA Roberto Bao.
11.000 anos de historia das chuvias
Os resultados amosan que o clima do oeste peninsular estivo lonxe de ser estable. Ao longo dos últimos 11.000 anos sucedéronse períodos máis húmidos e máis secos, relacionados en gran medida con cambios na circulación do Atlántico Norte.
A posición das rutas polas que circulan as borrascas atlánticas, xunto con outros procesos oceánicos e atmosféricos, determinou durante milenios a cantidade de humidade que chegaba ao oeste da Península. Esta conexión resulta especialmente relevante para Galicia, un territorio cun clima fortemente condicionado pola influencia atlántica.
O estudo non reconstrúe directamente as precipitacións galegas, pero permite comprender os grandes mecanismos que condicionan a súa variabilidade e proporciona unha perspectiva de miles de anos coa que poñer en contexto os cambios actuais.
Un arquivo climático no fondo dun lago
Para viaxar tan atrás no tempo, o equipo analizou compostos procedentes das ceras das plantas que quedaron preservados durante miles de anos nos sedimentos do lago. A súa composición química conserva información sobre as precipitacións e a dispoñibilidade de auga no momento no que medrou esa vexetación, permitindo reconstruír as condicións de humidade moito antes de que existisen estacións meteorolóxicas.
Esta mirada ao pasado permite coñecer a variabilidade natural das precipitacións e comprender mellor como responde o oeste peninsular aos cambios que se producen no Atlántico Norte. Un coñecemento especialmente relevante nun contexto no que a evolución das chuvias e a dispoñibilidade de auga son cuestións cada vez máis importantes para Galicia e para o conxunto da Península Ibérica.
Sobre o CICA
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) creouse en 2015 como un centro de investigación de ciencias avanzadas que conta con máis de 200 investigadores e investigadoras pertencentes a tres áreas científicas: Biomedicina; Alimentación, Contaminación e Saúde; e Nanociencia e Materiais Avanzados.
Desde 2024, o CICA conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. É recoñecido pola atracción de talento, a visibilidade da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.