
O director xeral de Cultura, Anxo M Lorenzo, erixiu hoxe a exposición Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes do Centro Galego de Arte Contemporánea como mostra da implicación e liderado que exerce Galicia en proxectos artísticos internacionais. Así o aseverou na inauguración, en Santiago de Compostela, deste proxecto conxunto entre esta entidade da Xunta e o Es Baluard Museu Dart Contemporani de Palma, que poderá verse ata o 24 de xaneiro de 2027.
Na súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou o carácter único e específico desta iniciativa que revisita a obra dun dos creadores máis relevantes do século XX e o máximo expoñente da coñecida Arte Povera, caracterizada polo emprego de materias desbotados e de refugallos, desde unha perspectiva centrada na viaxe, na memoria material e no mar como espazo de intercambio cultural.
Deste xeito, precisou que a mostra foi deseñada e producida polos propios centros museísticos para súa exhibición nas súas respectivas instalacións. Precisamente, lembrou que se exhibiu previamente, entre o 3 de decembro de 2025 e o 30 de agosto dese mesmo ano, no Es Baluard Museu Dart Contemporani de Palma, xa que o director, o galego David Barro, é o comisario do proxecto.
Neste senso, puxo en valor que a exposición supón tanto a primeira colaboración entre ambas dúas entidades artísticas, como a primeira exposición institucional nas Illas Baleares e en Galicia deste pintor, escultor e tamén creador vinculado á performance. No entanto, precisou que a colección do Centro Galego de Arte Contemporánea xa posúe unha peza moi importante de Kounellis de carácter poético e que funciona co rastro do fume das chamas dunhas velas, mais a entidade pública nunca chegou a organizar nas súa salas unha mostra específica sobre este artista crucial da escena internacional da segunda metade do século XX.
En canto a Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes, Anxo M Lorenzo destacou o feito de que a exposición suporá poder gozar en Galicia dunha selección de obras do artista grego, procedentes de coleccións particulares españolas e internacionais, datadas entre 1993 e 2013, nas que se propón unha reflexión sobre a pegada humana nos obxectos, pero tamén sobre a pintura e as súas posibilidades e remite á experiencia persoal do artista, vinculada á súa infancia no porto do Pireo.
Kounellis
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023), entre outras.
A súa obra está presente en coleccións como as do MoMA Museum of Modern Art, Nova York; Centre Pompidou, París; Tate Britain, Londres; Solomon R. Guggenheim Museum, Nova York; Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid; Museu Serralves, Porto; Stedelijk Museum, Ámsterdam; Kunstmuseum Bonn, ademais da creación xa nomeada da colección do Centro Galego de Arte Contemporánea.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.