Notas de prensa

Un estudo da USC evidencia a constitución xenética singular do Can de Palleiro

A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.

Os cans domésticos presentan unha enorme diversidade de características físicas, de comportamento e de funcións. Esta diversidade é consecuencia de dous procesos principais: a domesticación a partir dos lobos e a formación das razas modernas, que tivo lugar principalmente durante os últimos 200 anos. A selección artificial, o uso dun número reducido de animais fundadores e o illamento reprodutivo das razas provocaron diferenzas xenéticas entre elas. Non obstante, estes procesos tamén reduciron a diversidade xenética dentro de moitas razas e aumentaron o parentesco e a consanguinidade.

Esta situación é especialmente importante nas razas locais, pouco numerosas ou que pasaron por programas de recuperación, xa que o reducido número de reprodutores pode favorecer a perda de variabilidade xenética e o aumento da consanguinidade. A análise de marcadores xenéticos permite estudar estes aspectos de maneira complementaria á información procedente dos pedigrís. Mediante estes datos pódense avaliar a diversidade xenética, a consanguinidade e os cambios históricos no tamaño efectivo da poboación. Esta información resulta fundamental para deseñar estratexias de conservación e xestión xenética.

O Can de Palleiro, tamén coñecido como Pastor Galego, é unha raza autóctona de Galicia utilizada tradicionalmente para o pastoreo e a protección das explotacións gandeiras. Durante o século XX sufriu un importante descenso poboacional debido aos cambios no medio rural e á introdución de razas estranxeiras. A finais dos anos noventa iniciouse un programa para recuperar as razas autóctonas galegas. En 2001 establecéronse oficialmente o estándar racial e o libro xenealóxico do Can de Palleiro. Malia os esforzos realizados, aínda é necesario coñecer mellor a súa situación xenética. As diferenzas xenéticas entre razas permiten desenvolver paneis reducidos de marcadores capaces de identificar individuos segundo a súa raza de orixe. Estes paneis poden reducir os custos das análises xenéticas e facilitar a asignación racial.

Obxectivos

O obxectivo do estudo presentado en Veterinaria foi caracterizar xeneticamente o Can de Palleiro mediante información xenómica, avaliando a súa diversidade xenética, estrutura poboacional, consanguinidade e tamaño efectivo da poboación. Ademais, comparouse esta raza co Pastor Alemán, identificado como a súa principal raza de referencia pola súa proximidade xenética, co fin de seleccionar un conxunto reducido de marcadores xenéticos que permita diferenciar ambas as razas.

O estudo constatou que a ausencia de desviacións significativas no equilibrio xenético da raza e a moderada consanguinidade, son una garantía para o seu futuro, si se realiza unha xestión xenética adecuada. Ademais, todas as análises realizadas indican a diferenciación xenética do Can de Palleiro con respecto ao Pastor Alemán e a un grupo mesturado de razas, permitindo identificar un conxunto de marcadores altamente informativos que facilitan o desenvolvemento dunha ferramenta molecular para a asignación fiable de novos exemplares ao libro xenealóxico da raza.

A combinación dun gran número de pequenas variacións presentes no ADN con información detallada sobre as características físicas e de comportamento dos animais permite identificar os factores xenéticos asociados a determinados trazos, como a cor da capa, e aplicar este coñecemento aos programas de cría. Os resultados obtidos contribuirán a mellorar o coñecemento da situación xenética do Can de Palleiro e a desenvolver ferramentas útiles para a súa identificación e conservación a longo prazo.

Ademais do profesor Paulino Martínez, tamén participaron no acto Daniel Conde, presidente da asociación Can de Palleiro; e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares Bermúdez.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-11-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP analizados hoxe polo Consello da Xunta, que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES