Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

O novo Plan Galego de Hospitalización a Domicilio 2019-2023, que se aprobará esta semana no Consello da Xunta, permitirá estender este servizo ao 100% dos galegos os 365 días do ano. Trátase dun plan estratéxico completo para o 100% do territorio, dado que ata o de agora este servizo funciona só de luns a venres, alcanzando o 75% do territorio. Se ben non é fácil trazar o perfil do doente que ten acceso a este servizo, entre os casos están o seguimento de persoas transplantadas ou con patoloxía cirúrxica, pacientes crónicos ou persoas que reciben coidados paliativos, entre outros. Así, actualmente benefícianse desta atención máis de 5.000 pacientes ao ano grazas ás 15 unidades e 45 equipos repartidos por todas as áreas sanitarias galegas.
A Cidade da Cultura de Galicia oferta campamentos urbanos para a cativada ao redor das dúas exposicións actuais do Museo Centro Gaiás: 'Valor e mestría. Galicia como fútbol' e 'Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia'. Trátase dunha proposta novidosa para o período que vai do 8 ao 19 de xullo e que se enxire dentro da programación de Verán no Gaiás co obxecto de ampliar e reforzar as actividades que conxuguen cultura e lecer, á vez que axuden a conciliar en épocas non lectivas. Dirixidos á rapazada entre 8 e 12 anos, os campamentos urbanos do Museo Centro Gaiás celebraranse de luns a venres, de 10 a 14 horas. Están divididos en dúas quendas temáticas.
Foi presentado o estudo "Situación da Educación en España: falan 19.000 familias de alumnos. Galicia", elaborado polo foro de investigación periodística Educa 20.20 en colaboración coa Fundación AXA e Sigmados, e que en Galicia contou cunha mostra de preto de 1000 entrevistas a nais e pais sobre a perspectiva que teñen da educación que están a recibir as súas fillas e fillos. O estudo determina que en Galicia son minoritarios quen pensan que a FP conta cunha mala imaxe, o que se contrapón totalmente co dato nacional. Segundo o propio informe, as familias que pensan que a FP non ten unha mala imaxe atribúeno á rápida incorporación ao mercado laboral dos seus titulados, ao axuste da oferta, á adaptación ao futuro laboral e ao contacto coas empresas que ofrece a FP Dual.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avoga por seguir estreitando a colaboración entre administracións e entidades sociais para, xuntos, dixo, acadar unha inclusión social real e efectiva. Fíxoo durante a celebración do XIII Encontro de participación ‘Loita contra a Pobreza, a Exclusión Social e a Desigualdade no marco dos ODS’, de EAPN-España.
O conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento as medidas adoptadas polo seu departamento para mellorar a saúde das mulleres e garantir os seus dereitos neste ámbito, indicando: “Queremos dar resposta ás necesidades e problemas de saúde que aparecen ao longo do ciclo vital da muller, de forma integral, promovendo a saúde física, mental e social de todas as mulleres de Galicia e mellorar a calidade da atención prestada”.
Celbraranse os venres e sábados, desde o 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21,00 h., e o ciclo é o fiel escaparate das tendencias musicais actuais, podéndose escoitar hip-hop, trap, dance, electrónica, flamenco-pop ou cumbia, que tanto éxito están a ter entre a xente máis nova, aínda que non faltará o pop, o reggae, o indie ou o rock.
Segundo o Instituto Nacional de Estadística, Galicia recibiu doutros países 12.884 habitantes máis dos que saíron, o que supón un incremento que case dobra (un 98,82% máis) a cifra de 2017, cando entraron en territorio galego 6.882 persoas máis das que saíron. Deles, 2.885 teñen nacionalidade española, o que se traduce nun aumento do 47% en relación aos 12 meses anteriores, cando o saldo positivo deixaba 1.954 españois novos en Galicia (unha vez restados os que saíron).
Durante o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2019, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá traballando para garantir o máximo respecto polo medio sen facelo incompatible cunha explotación racional, lembrando que nos últimos tempos dotouse á Comunidade de instrumentos normativos para preservar a paisaxe e fomentar un desenvolvemento sustentable e racional como: o Plan de ordenación do litoral, as directrices de ordenación do territorio, a Lei do Solo, ou o Catálogo das paisaxes de Galicia.
O D.O.G. ven de publicar a primeira liña de apoio técnico e económico aos concellos para que elaboren plans de emerxencia fronte á seca que permitan garantir o abastecemento de auga á poboación. Con esa medida quérese fomentar a prevención e a anticipación, tendo en conta que ningún municipio galego conta cun plan deste tipo e que o episodio de seca de 2017 evidenciou a vulnerabilidade dos sistemas de abastecemento.
A Xunta pon a disposición dos concellos máís pequenos un orzamento de 6,4 millóns de euros para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de outubro de 2019 ou no momento que se esgote o crédito orzamentario. A correspondente disposición ven de ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
« Anterior | 153  de  401 | Siguiente »

Notas sociedad

As conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaron coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o convenio que garante a execución da estación intermodal da capital de Galicia.
Incorpórase o liño á cociña e aos elementos que a rodean, coa realización de diferentes pezas como recipientes, uniformes ou mandís. Enmárcase na iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria “Artesanía no prato”, que busca sinerxías entre a cociña de vangarda e o sector artesán galego.
O IV Encontro Mocidade Investigadora reúne 300 novos investigadores na Facultade de Ciencias da Comunicación. O Encontro diríxese a novos investigadores/as para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento da USC.
O pleno do CGU analizou hoxe tamén cuestións como os impagos de matrícula, os plans de viabilidade de varias titulacións, ou a autorización de implantación de diferentes másters e graos no SUG, entre outros asuntos. O conselleiro convidou ás universidades galegas a reflexionar sobre o actual calendario de exames e as datas de inicio de curso.
O vídeo-clip amosa imaxes de distintas localización da xeografía ourensá e galega coa canción "El ganador", composta por Marta Sánchez especialmente para a ocasión. O spot emitirase por televisión a partir do 2 de xullo, "para anunciar a proba e animar á xente a visitar Galicia", según o director xeral de "La Vuelta".
A Mesa Sectorial aprobou o calendario escolar para o vindeiro curso, cuxas clases se inician o 12 de setembro de 2016 e rematan o 23 de xuño de 2017 en Primaria, mentres que en Secundaria comezarán tres días despois.
Esta iniciativa, desenvolvida dende o ano 2010 entre as consellerías de Mar, Educación e Sanidade, e ANFACO-CECOPESCA, achega o mundo das conservas e dos produtos do mar aos nenos e nenas que coñecen contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de produtos do mar, realizan xogos e elaboran bocatas a base de conservas e produtos frescos.
O 10 de xuño volve outra regueira á USC sobre a conveniencia ou non de cambiar o noso fuso horario. Dous partidarios e outros tantos detractores do cambio argumentarán as súas posturas nunha sesión na Facultade de Ciencias da Comunicación.
A catedrática de Filoloxía Románica Mercedes Brea recibiu por sorpresa unha homenaxe dos seus compañeiros e compañeiras da USC en recoñecemento á súa traxectoria docente e investigadora. Coa presenza do reitor, Juan Viaño, presentouse o volume Cantares de amigo. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea.
Cada empresa ou centro galego de coñecemento poderá solicitar axudas para financiar ata 10 contratos, cunha duración mínima dun ano e un importe bruto anual de, polo menos, 24.000 euros


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES