
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou no Grove o restaurante Culler de Pau para coñecer o proxecto do cociñeiro Javier Olleros O meu mundo nun pano xunto coa artesá téxtil Inés Rir (Allariz, Ourense) e a deseñadora Rosalía Castro (Rianxo, A Coruña), no que colabora Artesanía de Galicia.
A iniciativa nace para incorporar o liño á cociña e tamén aos elementos que a rodean como son os uniformes e mandís, coa realización de diferentes pezas téxtiles nas que se fusionan artesanía e moda.
Inspirados na tradición galega de transportar a comida ao campo cando se realizaban as faenas, agora o propio tecido adquire unha nova dimensión e pasa a ser un recipiente que contén a comida. Estas pezas van conter pan, queixo, e outros produtos que o cociñeiro Javier Olleros realizará para que poidan ser transportados da cociña aos comensais.
Empregando materiais naturais como o liño ou a rafia, tanto o deseño como a súa produción foron meticulosamente elaborados e personalizados sempre respectando a estética e filosofía do restaurante.
Esta nova experiencia enmárcase na iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria Artesanía no prato, que busca sinerxías entre a cociña de vangarda e o sector artesán galego. Dentro deste proxecto iniciado no ano 2013 véñense realizando diferentes colaboracións entre artesáns e cociñeiros, na liña do Plan de Artesanía de Galicia de impulso á colaboración entre artesanía e outras áreas de traballo.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.