Noticias

Atención integral á saúde das mullleres nas distintas etapas da súa vida

O conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, destacou no Parlamento as medidas adoptadas polo seu departamento para mellorar a saúde das mulleres e garantir os seus dereitos neste ámbito, indicando: “Queremos dar resposta ás necesidades e problemas de saúde que aparecen ao longo do ciclo vital da muller, de forma integral, promovendo a saúde física, mental e social de todas as mulleres de Galicia e mellorar a calidade da atención prestada”.

Para acadar este obxectivo, Almuiña referiuse as diferentes liñas de traballo que está a levar a cabo a Consellería de Sanidade. No referido á saúde sexual, o conselleiro destacou que o Sergas conta con 145 matronas en atención primaria, 13 centros de orientación familiar (COF) e 14 hospitais con urxencias e consultas de xinecoloxía. Ademais, segundo dixo o conselleiro, realízanse actividades formativas de asesoramento en anticoncepción dirixidas aos profesionais, xunto co Plan Proxecta, dirixidas ao profesorado.

No referido a saúde reprodutiva, o titular de Sanidade falou sobre os cursos de educación sanitaria de grupo pre e posnatal impartidos por matronas de atención primaria, ademais das consultar puerperais tralo nacemento dos fillos. Así mesmo dixo que o Sergas dispón de guías técnicas asistenciais, protocolos e procesos asistenciais integrados sobre a consulta preconcepcional e de embarazo normal; un procedemento de intervención en saúde no caso de violencia de xénero, no que se vai crear un apartado específico para maltrato infantil e maltrato obstétrico; e unha guía informativa para mulleres en situación de violencia de xénero.

Almuiña tamén destacou o labor dos bancos de leite materna para garantir o subministro doado de xeito seguro para a alimentación de prematuros. Ademais, o conselleiro lembrou que o Sergas promove a inclusión de test prenatal non invasivo dentro do cribado prenatal de anomalías cromosómicas e a vacinación contra a tosferina a mulleres embarazadas. Na actualidade tamén existe un protocolo específico para a atención á muller embarazada con trastornos aditivos e hai iniciativas nas áreas sanitarias para consultas específicas para mulleres con enfermidades reumáticas inflamatorias ou autoinmunes que desexan un embarazo ou están en período de xestación.

Prevención e formación

O conselleiro incidiu nas tarefas de prevención co Programa galego de detección precoz do cancro de mama, con 2,5 millóns de participantes desde a súa implantación, en 1992. Segundo varios estudos da Dirección Xeral de Saúde Pública, entre 1980 e o ano 2012 producíronse 910 mortes menos por cancro de mama entre 50 e 69 anos, o que supón un descenso da mortalidade dun 20% nas mulleres participantes no programa respecto do previsto sen cribado. En canto aos hábitos de vida saudables, o conselleiro lembrou a existencia dos programas Coídate Coidame, dirixido a neonatos e nais lactantes, e Xente con Vida, con pautas para as mulleres nas distintas etapas da súa vida.

A formación dos profesionais é outro dos alicerces na atención as mulleres. Jesús Vázquez Almuiña destacou a oferta continuadas que realiza a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria para que os sanitarios que actualicen coñecementos e habilidades. Así, dende hai 12 anos celébranse as Xornadas de saúde perinatal e reprodutiva. Nestas xornadas os profesionais teñen a oportunidade de empatizar e ser máis conscientes das dificultades coas que se atopan as mulleres respecto da súa sexualidade, a xestación ou a crianza.

No referente á atención as mulleres que perden un bebé durante o embarazo, o parto ou ao pouco de que o neno naza, Almuiña indicou que se está a elaborar a Guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal. Con ela vaise prestar á muller e á súa parella unha atención de calidade baseada no mellor coñecemento científico dispoñible e preténdese homoxeneizar a atención profesional e proporcionar información e unha atención máis humanizada.

R., 2019-06-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES