Noticias

'Atardecer no Gaiás' programa 20 concertos ao aire libre para musicar os solpores da Cidade da Cultura durante o verán

Celbraranse os venres e sábados, desde o 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21,00 h., e o ciclo é o fiel escaparate das tendencias musicais actuais, podéndose escoitar hip-hop, trap, dance, electrónica, flamenco-pop ou cumbia, que tanto éxito están a ter entre a xente máis nova, aínda que non faltará o pop, o reggae, o indie ou o rock.

Ademais, esta edición consolida a aposta polas voces femininas nun abano amplo de rexistros, que vai desde o jazz-soul de Cecilia Krull, que abrirá o ciclo; ao rock das galegas Agoraphobia, hip-hop de Miss Boliva ou os ritmos tropipunk das Kumbia Queers.

Patrocionada por Cervezas Alhambra e coa colaboración do Instituto Nacional de las Artes Escénicas (Inaem), Atardecer no Gaiás é unha das citas imprescindibles e consolidadas da programación de Verán no Gaiás, que conta este ano cun cento de actividades de entretemento cultural, pensadas para todos os públicos. Entre as propostas predominan as que se celebran ao aire libre –como é o caso deste ciclo– e tamén as de pleno contacto coa natureza –Unha noite no Bosque ou Camiño ao Gaiás– sen detrimento daquelas nas que o lecer está vencellado coa arte e exposicións actuais, como As Nocturnas ou os campamentos urbanos para a cativada no Museo Centro Gaiás.

O cartel de Atardecer no Gaiás pretende reflectir e recoller unha escolma da actualidade musical, tanto a nivel internacional como galega, que conta cun peso relevante e de estilos variados, cun total de 8 artistas/formacións na programación. Deste xeito, enriba do escenario Cervezas Alhambra vaise poder escoitar unha escolma do talento galego no eido da música, como De Vacas –coas súas divertidas e retranqueiras versións– ou Agoraphobia. Estas rapazas do Barbanza contan cun recoñecemento unánime pola crítica especializada, que fai que nos últimos anos estean nos carteis de festivais de toda España.

Artistas nacionais e internacionais

Este ciclo tamén trae á Praza Central do Gaiás artistas do eido nacional que están a triunfar, como é o caso de Cecilia Krull, que abrirá o ciclo. O jazz desta madrileña valeulle discos de Ouro en Francia e Platino en Italia, onde os seus temas teñen estado liderando as listas das emisoras, xa que é a autora e a intérprete de My life is going on, coñecida canción da serie de éxito La Casa de Papel.

No eido internacional, Atardecer no Gaiás musicará solpores a ritmo de trap, hip-hop, dance e cumbia. Trátase de propostas que convidan ao baile, nas que se atopan os mexicanos Kumbia Boruka ou Miss Bolivia.

Voces femininas

O cartel desta edición volve confirmar a aposta do ciclo polas voces femininas, como son as potentes Kumbia Queers da Arxentina, e tamén por xéneros emerxentes con éxito entre a xeracións máis novas, como o flamenco-pop de Las Migas.

Neste cartel non se esquecen estilos xa imprescindibles neste ciclo ao solpor como son o indie (Floridablanca, Ladilla Rusa ou Monterrosa) o pop e o rock, no que sempre hai unha fiestra aberta para grupos galegos emerxentes, como son os lucenses Berta Franklin, os composteláns Malraio, o pontevedrés Soulmacklein ou os Best Boy. Esta formación de Tui pechará o 17 de agosto o ciclo Atardercer no Gaiás 2019, que se despedirá co reto de manter a cifra récord que se acadou na pasada edición, na que se superaron os 16.000 asistentes.

R, 2019-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES