
Presidido polo reitor da USC, Antonio López Díaz, interviñeron Luis Otero, delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento; Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; e José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia.
Na súa intervención para presentar USC Emprende, Luis Otero destacou entre os obxectivos do novo programa facer da USC unha universidade referente en materia de emprendemento, cun modelo recoñecido como exemplo de éxito polo seu compromiso cos proxectos e ideas desde a súa orixe ata a súa consolidación e anunciou que está previsto distinguir o talento emprendedor con certificados, créditos e premios. USC Emprende conta cunha plataforma de xestión que facilita a coordinación e o seguimento individualizado dos proxectos, automatizando procesos e mellorando a comunicación entre os equipos implicados.
Espazos Emprende
O programa comeza este curso académico 2025-2026 cunha fase piloto de lanzamento na que participan seis centros da USC, construíndo así unha experiencia que será escalable e ampliable a outros centros no futuro. Na fase de lanzamento participan no campus de Santiago, Filoloxía, Ciencias Económicas e Empresariais, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Ciencias da Educación. No campus de Lugo, forman parte do programa a Facultade de Administración e Dirección de Empresas e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
Cada centro participante conta cun Espazo Emprende, pensados no seu conxunto como dinámicos ecosistemas de innovación para impulsar o espírito emprendedor, a creatividade e a cultura emprendedora ao longo de todo o curso académico. Están concibidos e deseñados como espazos de coworking e ideación, flexibles e modernos, orientados á colaboración e equipados con mobiliario e dotación tecnolóxica de última xeración, creando unha contorna amigable e inspiradora para sesións de formación, brain storming, talleres e actividades de prototipado.
En definitiva, esta iniciativa da AVTE pretende que o emprendemento sexa unha actitude vital e optimista, que penetre de xeito transversal no tecido da USC, como motor para a posta en valor de ideas innovadoras e a súa transferencia para incentivar as expectativas de éxito do emprendemento e para que sexa percibido con orgullo pola comunidade universitaria.
No acto tamén interveu José Luis Villaverde, director da AVTE, co relatorio 'A transferencia de coñecemento na USC', seguido da mesa redonda 'Ecosistema de apoio ao emprendemento universitario', na que participaron Carmen Pumariño, directora de Zubi Capital Diversity Catalyst FCRE e directiva de Startup Galicia; Mª Inmaculada López, directora de CompluEmprende da Universidad Complutense de Madrid; Inmaculada Rodríguez, directora xeral de Unirisco; e Carme Casado, responsable do Departamento de Promoción Económica e do Proxecto de Planificación Estratéxica da Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.