
Vázquez Mourelle explicou que esta sinatura é mostra do compromiso a acometer cada un as actuacións para que Santiago teña unha intermodal adaptada ás necesidades de transporte dos seus cidadáns.
A titular de Infraestruturas salientou que se está a traballar para acadar a mellor intermodal para Santiago, baseada nun proxecto eficiente, que proporcione un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte, e que blinde unha óptima integración urbana.
Ethel Vázquez puxo en valor que agora toca traballar da man, cada quen nas súas responsabilidades, para seguir avanzando no deseño e construción dunha infraestrutura estratéxica que redundará na plena intermodalidade entre o transporte por ferrocarril e por estrada da capital de Galicia.
Neste convenio marco reafírmanse as responsabilidades de cada unha da partes, xa coñecidas con anterioridade e nas que a Xunta leva tempo traballando. A conselleira sinalou que as actuacións do Goberno galego están en marcha e continuarán avanzando, xa que nos vindeiros meses, despois do verán, terase concluído o proxecto básico.
Concretou que se está a avanzar para ter neste mesmo ano o proxecto construtivo, o que posibilitará iniciar as obras da nova terminal de autobuses o ano que vén. Isto será posible, sempre e cando o Concello de Santiago cumpra coas súas obrigas e teña adaptado o planeamento urbanístico e garantidos os accesos adecuados.
Por parte da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o convenio establece que o departamento autonómico colaborará con carácter preferente co concello de Santiago naquelas actuacións relacionadas coas adaptacións necesarias en materia urbanística, sempre no marco das súas competencias.
Cómpre lembrar que en novembro do pasado ano, coa finalización dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal; en abril deste ano, coa formalización do contrato para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses; ou máis recentemente, en maio, co comezo dos labores topográficos necesarios para a redacción do proxecto construtivo.
Vázquez concluíu que cómpre non perder máis tempo, unir esforzos e traballar xuntos pola estación intermodal e para garantir que este proxecto común sexa un éxito para os composteláns e para todos os galegos.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.