
Editado polo Servizo de Publicacións da USC, participaron moitos dos seus colegas e do que foron co editores os docentes de Filoloxía Románica Esther Corral, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo Gradín. Participaron ademais con distintos discursos a catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Oviedo, Ana Cano; o director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás; e a vicedecana da Facultade, Elisa Fernández Rei.
Nas diversas intervencións fíxose mención á súa extensa traxectoria non só no eido docente e investigador senón de compromiso coa universidade. Non en van, Brea foi directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico nos seus comezos, vicerreitora de Profesorado e decana da facultade que hoxe a homenaxeou.
No ámbito investigador, dirixe un grupo que promove a investigación en Filoloxía e Literatura Románica Medieval, avalado pola súa traxectoria no estudo da produción literaria na Idade Media en xeral, e é tamén responsable da Acción COST IS1005 Medioevo Europeo (Medieval Cultures and Technological Resources). Foi, igualmente, a impulsora e coordinadora da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que significou a unión de medievalistas especializados en distintas áreas de coñecemento como a Filoloxía, a Historia Medieval e a Historia da Arte.
No seu discurso, o reitor lembrou cómo a finais dos anos 80 Mercedes Brea percibiu a importancia que estaban cobrando as humanidades dixitais na creación de novos formas de investigación e de difusión do coñecemento e grazas a esta intuición Galicia, a través da colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, situouse claramente á vangarda internacional nos estudos de lírica medieval galega. Así, en 1996 púxose en marcha a Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (MedDB) co corpus completo informatizado da nosa lírica medieval, agrandando as posibilidades de pescuda sobre este campo do noso acervo literario e cultural, e na cal a profesora Brea continúa infatigablemente a traballar sempre con ansia innovadora, concluíu.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.