Notas de prensa

Ourense e Marta Sánchez, protagonistas do spot oficial da Vuelta a España 2016

O vídeo-clip amosa imaxes de distintas localización da xeografía ourensá e galega coa canción "El ganador", composta por Marta Sánchez especialmente para a ocasión. O spot emitirase por televisión a partir do 2 de xullo, "para anunciar a proba e animar á xente a visitar Galicia", según o director xeral de "La Vuelta".

A "Vuelta a España" 2016 estreou o seu spot oficial no Teatro Principal de Ourense coa canción composta e creada para esta ocasión, "El ganador", de Marta Sánchez, destacando no vídeo-clip as imaxes da provincia de Ourense e da xeografía galega como protagonistas. No acto de presentación participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral da "Vuelta", Javier Guillén; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a artista Marta Sánchez; e o secretario Xeral de Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, acompañados polo músico ourensán, Daniel Minimalia, e o gaiteiro, Anxo Lorenzo, quen tamén participaron na gravación do spot.

Manuel Baltar destacou a importancia deste evento deportivo para a provincia de Ourense como "unha das tres probas de ciclismo máis importantes de ámbito mundial, que nesta 71 edición terá a Ourense como protagonista".

O presidente da Deputación de Ourense, impulsor do feito histórico de que por primeira vez na súa historia, a "Vuelta" percorra catro etapas na provincia de Ourense, dixo que esta proba ciclista ademais de deporte "supón repercusión económica e proxección mediática, impulsada con este videoclip, cunha canción que foi escrita e creada, especialmente para esta ocasión, pola raíña do pop español, Marta Sánchez".

Ao respecto da canción, Baltar asegurou que "encaixa perfectamente coa filosofía de "La Vuelta" e agradeceu que Ourense "sexa o estreo deste hit musical".

Marta Sánchez dixo que crear esta canción "é unha grande oportunidade para promocionar con forza "Galicia no mundo", unha das terras máis belas", e lembrou a súa vinculación con Galicia, por ser gran parte da súa familia de aquí. Ademais asegurou que descubrira "paraxes espectaculares en Ourense", e que sempre estivo moi vencellada ao mundo do deporte. Así mesmo, felicitou a Minimalia e a Anxo Lorenzo "por poñer o seu toque maxistral" ao tema El ganador. A cantante dixo estar orgullosa por ser "a primeira vez que alguén compón e crea un tema especialmente para a ocasión".

Javier Guillén explicou que contar con Marta Sánchez na gravación do spot de "La Vuelta" débese a que "na busca da calidade para ser os mellores, topamos en Marta a excelencia", e engadiu que contar con ela "vainos permitir chegar a todo tipo de públicos. Sempre que canta fainos bailar e, a partir de agosto, faranos pedalear".

O spot que se anunciará en televisión a partir do 2 de xullo "anunciará que "La Vuelta" se retransmitirá en TVE desde o 20 de agosto, e ademais atraerá á xente para que vexa a proba a través da televisión e tamén se anime a visitar Galicia", sinalou o director da "Vuelta".

A directora de Turismo de Galicia asegurou que a emisión deste spot de xullo a setembro é "unha magnífica ferramenta para dar a coñecer a excelente gastronomía e o patrimonio cultural diseminado por toda a xeografía galega", e engadiu que esta proba "conxuga deporte con promoción turística, e este spot supón unha carta de presentación de Galicia como destino, a nivel internacional".

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2016-06-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES