
Así, na primeira semana as actividades e obradoiros xirarán ao redor da exposición de fútbol Valor e mestría, mentres que a segunda semana centrarase na mostra de artesanía Pensar coas mans.
O prezo dos campamentos é de 15 euros por semana e, aínda que non se poden coller días soltos, si se poden mercar por semana temática e están dispoñibles descontos e ofertas que se poden consultar na páxina web da Cidade da Cultura. En ambos campamentos ofreceranse propostas que estimulan a creatividade da cativada cunha oferta de lecer vencellada á cultura e que non se basea exclusivamente no entretemento.
Do 8 ao 19 de xullo en dúas quendas
O primeiro dos campamentos urbanos no Museo Centro Gaiás celebrarase do 8 ao 12 de xullo. Neste caso, centrado en Valor e mestría, no que se farán xogos e actividades como xincanas e concursos, entre outras que procuran fomentar valores intrínsecos do deporte como o compañeirismo, solidariedade, igualdade e o respecto entre iguais.
O segundo campamento urbano celebrarase do 15 ao 19 de xullo e xirará ao redor de Pensar coas mans e onde a protagonista será a cerámica, á que a rapazada se achegará a través de diferentes e divertidos obradoiros, impartidos por tres artesáns de prestixio como son Montse Rego, Xaime Piñeiro e Pablo Barreiro.
A partir de actividades e xogos, os rapaces traballarán diferentes técnicas de cerámica coa que farán máscaras; pintarán e debuxarán pratos de cerámica; traballarán co torno de olería e incluso crearán entre todos un gran mural con azulexos.
Actividades familiares en contacto coa natureza
Ademais desta novidade na programación de estío, hai que lembrar que Verán no Gaiás caracterízase por unha ampla e variada oferta de actividades familiares e en contacto coa natureza, que demanda dunha programación para os rapaces que equilibre cultura e lecer.
Así, todos o venres de xullo, a cativada contará coa acampada de Unha noite no Bosque para coñecer os espazos verdes do Gaiás e tomar consciencia da importancia do patrimonio ambiental, nunha contorna natural única en Santiago de Compostela, como é o Bosque de Galicia.
Camiño ao Gaiás e as visitas Astronómicas completan esa oferta pensada para toda a familia en contacto co natureza, tanto para a descuberta ás tardiñas do xoves do verán de novas rutas para subir á Cidade da Cultura desde o casco histórico compostelán; como para deixarse marabillar polos segredos das estrelas e planetas do ceo nocturno de estío. A primeira quenda de Astronómicas é o 6 de xullo e xa está aberta a inscrición.
Os imprescindibles da programación familiar do Verán no Gaiás complétanse con Cidade Imaxinaria, festival pensado para toda a familia moi vencellado a espectáculos circenses, que neste 2019 terá lugar o sábado 24 de agosto.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.