
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou nos obradoiros da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata que se realizaron no Centro de Educación Infantil e Primaria Mestre Vide, en Ourense. Esta iniciativa, desenvolvida dende o ano 2010 pola Consellería do Mar coa colaboración das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Sanidade e ANFACO-CECOPESCA busca achegar o mundo das conservas e dos produtos do mar aos nenos e nenas e dende aquela máis de 45.000 participaron nas súas actividades.
A través dos obradoiros, nos que participaron máis de 300 alumnos do CEIP Mestre Vide, os nenos e nenas aprenden contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de produtos do mar e realizan xogos nos que poden experimentar coa realidade virtual, realizando diversos quebracabezas e activando as imaxes animadas que aparecerán nunha pantalla. Neste acto tamén estiveron os directores xerais de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, e de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
Outra das actividades desta campaña é a elaboración de bocatas a base de conservas do mar como atún e sardiña en aceite de oliva, mexillón en escabeche, choco na súa tinta e produtos frescos como leituga, tomate, millo, cenoria, queixo e olivas. Deste xeito, búscase fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre o alumnado de educación primaria e transmitirlles a importancia das súas achegas nutritivas.
Grazas a estes obradoiros tamén se fomenta entre os nenos e nenas o coñecemento das distintas especies de peixe e moluscos e as súas características nutricionais e aprenden a manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico empregando as conservas como base de receitas sinxelas.
Ademais de estar presente en colexios públicos, Ponlle as pilas ao teu bocata tamén se desenvolve en campamentos urbanos nos diferentes concellos de Galicia, campamentos de verán da Xunta de Galicia, escolas de verán, actividades culturais e eventos deportivos. A maiores, a iniciativa conta coa páxina web www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es, que entre os seus contidos inclúe receitas de bocatas, consellos de alimentación, unha unidade didáctica e xogos dirixidos ao público infantil.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.