A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presentaron en rolda de prensa a orde de axudas aos municipios, concrtando que, a partir deste martes, e ata o 24 de xullo, os municipios galegos poderán solicitar unha subvención de ata 15.000 euros para elaborar un plan de emerxencia fronte á seca. A convocatoria de axudas priorizará os concellos de menos de 50.000 habitantes e conta cun orzamento de 250.000 euros que se poderá ampliar en caso de que o volume de solicitudes exceda a partida dispoñible.
As axudas convócanse para os plans redactados neste ano e no vindeiro 2020, financiando a Xunta nun 80% de cada plan, e podendo achegar financiamento o resto das administracións públicas.
A conselleira remarcou que o apoio da Xunta aos concellos é tamén de asistencia técnica, tendo en conta as dificultades que pode implicar a elaboración dun documento desta magnitude, especialmente para os municipios pequenos, polo que na páxina web de Augas de Galicia se publica unha guía de plan municipal coa fin de servir de referencia para o traballos dos concellos.
Seguindo ese modelo, a elaboración dun plan de emerxencia permitirá que os concellos realicen unha primeira auditoría sobre o estado das redes de abastecemento para identificar as súas debilidades, localizar posibles fugas de auga, e determinar a súa situación ante episodios de seca.
Ethel Vázquez lembrou que a Lexislación estatal establece a obriga dos concellos de máis de 20.000 habitantes de contar con plans de emerxencia fronte á seca.
Colaboración de todas as Administracións
A conselleira incidiu en que a Xunta, unha vez máis, aposta por prestar apoio técnico e financeiro aos Concellos en materia de augas e defendeu a necesidade de que as distintas Administracións xunten esforzos e colaboren, cada unha no eido das súas competencias e responsabilidades.
Neste sentido, referiuse ás confederacións hidrográficas, organismos iguais a Augas de Galicia, e, especialmente, ás deputacións provinciais como corresponsables dos servizos nos concellos de menos de 20.000 habitantes.
A conselleira pediu unha maior implicación das deputacións provinciais na boa xestión da auga para apoiar aos pequenos concellos, como xa o está a facer dende a Xunta de Galicia con estas axudas.
Reiterou que os Concellos deben resolver os problemas actuais que teñen nas súas redes de abastecemento, para estar mellor preparados ante posibles situacións de diminución dos recursos hídricos dispoñibles, e aquí mencionou os estudos e análises que indican que existen perdas en rede de ata o 40%.
A conselleira destacou que garantir o subministro de auga é unha das prioridades de actuación da Xunta e avanzou que se reforzarán as respostas fronte á seca a través da Lei de medidas de garantías de abastecemento que prevé aprobar proximamente.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.