Notas de prensa

O IV Encontro Mocidade Investigadora reúne 300 novos investigadores

O IV Encontro Mocidade Investigadora reúne 300 novos investigadores na Facultade de Ciencias da Comunicación. O Encontro diríxese a novos investigadores/as para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento da USC.

Preto de 300 asistentes e semellante número de comunicacións orais e pósteres son as cifras máis significativas do IV Encontro Mocidade Investigadora que se celebra entre o xoves 9 e o venres 10 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación. Inaugurouno a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, xunto a quen tamén interviñeron o director da Escola de Doutoramento Internacional (EDI), Xosé Ramón Leis Fidalgo; o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Ramón Pousa Estévez; e, por parte do Comité Organizador Estrella Sánchez Rebordelo e Lucia Rey Ares.

O Encontro diríxese a novos investigadores/as para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento da USC. A iniciativa que este ano celebra a súa cuarta edición, como novidade está integramente coordinada por estudantes de doutoramento que organizaron todas as sesións ademais de formular as temáticas das sesións plenarias en función dos intereses do alumnado.

Logo da sesión inaugural, celebrouse a primeira sesión plenaria sobre cómo publicar estratexicamente os resultados de investigación, na que participaron as profesoras María Loureiro García e Ofelia Rey Castelao, ademais do director co Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), Carlos Diéguez González. Esta deu paso a dúas sesións paralelas de presentación de comunicacións, organizadas por áreas de coñecemento: Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias da Saúde e Ciencias Experimentais e Tecnolóxicas. A primeira xornada remata cunha mesa redonda sobre como afrontar unha estadía de investigación.

O programa do venres 10 comezará ás 10.00 horas cunha reflexión arredor de ‘Por fin doutor/a, e agora que?’. Está previsto que interveñan o director da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación, José Manuel Abella Anido; o director da unidade mixta Repsol-Itmati, Alfredo Bermúdez de Castro; o socio-fundador de Situm-Technologies. Víctor Álvarez Santos; e o presidente de Red Emprendia, Senén Barro Ameneiro. A sesión matinal e a primeira da tarde incluirán outras dúas sesións paralelas de presentación de comunicacións.

O catedrático Ángel Carracedo impartirá ás 18.00 horas a conferencia plenaria cunha reflexión sobre ‘Como trazar unha carreira investigadora de éxito?’. No acto de clausura, a partir das 19.00 horas, participarán a secretaria da EDI, Sara Fernández López; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso; e Cristina Gómez Román e Cristina Blanco García, en representación do comité organizador.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES