Así mesmo, aseverou que construír un futuro verde pasa tamén por que Galicia sexa azul, impulsando a calidade de augas e en 2018, o 96% das zonas de baño obtiveron unha clasificación sanitaria excelente ou boa-, ou aprobando iniciativas como o novo Decreto de catalogación de tramos urbanos e naturais das praias, un texto que entrou en vigor o pasado mes e que permite unha clasificación que facilitará o uso sustentable dos areais, ademais de establecer os criterios para instalar establecementos de comidas e bebidas á pe de praia.
En relación á entrega das bandeiras azuis, o titular da Executivo autonómico resaltou os 156 galardóns que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor outorgou á Comunidade. En total, 156 bandeiras azuis que ondearán este ano: en 107 areais galegos; 12 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 22 sendeiros azuis.
Logo de salientar que nesta última categoría, Galicia é a autonomía que máis recoñecementos ten de España, Feijóo referiuse tamén aos 15 centros azuis premiados polo desenvolvemento de iniciativas a prol da educación ambiental.
En definitiva, somos a 2ª comunidade de España con máis bandeiras azuis, dixo, destacando tamén o papel fundamental que xogan os concellos neste eido. Non en van, recordou que este evento celebrouse no concello con máis bandeiras azuis nas súas praias de toda España: Sanxenxo, que conta con 18 distincións.
O responsable autonómico concluíu salientando que o ano pasado visitaron a Comunidade case 5 millóns de persoas, dos cales o 42% aseguraron que o fixeron pola natureza, cultura e paisaxe.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.