Noticias

Os directores de Saúde pública das comunidades autónomas abordan en Galicia oo calendario de vacinación, a lexislación antitabaco e a seguridade alimentaria

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu á directora xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Pilar Aparicio e á directora da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), Marta García, con motivo da xuntanza da Comisión institucional de Asan celebrada en Santiago.[FOTO] Neste encontro aprobáronse varios documentos técnicos para harmonizar a aplicación de determinados criterios nos controis oficiais en todas as comunidades autónomas, como os relacionados coa cadea de produción do atún conxelado ou a prevención do anisakis entre outros.

Tamén se debateron aspectos da Estratexia Nacional de Seguridade Alimentaria e Nutrición e diversos temas técnicos relacionados relativos ao consumo e a seguridade alimentaria.

Ademais,tivo lugar reunión da Comisión de Saúde Pública, formada polos directores de Saúde Pública das distintas comunidades autónomas. No transcurso desta xuntanza tratáronse temas como a homoxeneización das prácticas nas comunidades autónomas cando teñen que vacinar a persoas que non posúen no seu historial vacinal as vacinas recomendadas para a súa idade. Tamén se abordaron outros asuntos como a loita contra as infeccións de transmisión sexual, o estudio de condutas en adolescentes e as iniciativas adoptadas respecto do radón e da lexionella.

Xunto a estes temas tratáronse aspectos da lexislación antitabaco. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia presentou, no marco desta comisión, a iniciativa da Rede Galega de Praias sen Fume, tal como quedara fixada no Dia Mundial Sen Tabaco celebrado no Ministerio o pasado 31 de maio.

R., 2019-06-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES