
Na categoría de proxectos culturais e de recuperación patrimonial do medio rural, o premiado foi a Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, pola promoción da cultura a través da figura de Eduardo Pondal, co desenvolvemento de programas favorecedores do patrimonio material e inmaterial.
Na de mocidade, destinada a persoas menores de 40 anos, o gañador foi a iniciativa presentada por Corazón de Carballo, Granxa Escola Musical, con sede en Tomiño. Un centro de ocio, tempo de lecer e servizos que conxuga educación ambiental e educación artística con multitude de áreas de traballo. O obxectivo desta entidade é transmitir e educar en valores humanos de respecto, igualdade, coidado polo medio ambiente e revalorización das materias primas, área rural e tradicións.
No apartado de interese social, destinado a aqueles proxectos orientados á integración de colectivos desfavorecidos, recibe o premio a Asociación Carabelo, de Lalín, polo programa de apoio ás familias. Así, dita asociación fomenta o desenvolvemento integral, individual, social e grupal dos usuarios, mellorando a súa autonomía e as habilidades persoais, académicas, sociais e laborais para a súa plena integración.
Na sección de turismo, álzase co galardón a Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra Courel, polo proxecto de desenvolvemento territorial nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, baseado na súa promoción turística e no desenvolvemento do xeoturismo, baixo o paraugas da figura de Xeoparque Mundial da Unesco Montañas de Courel.
En canto ás iniciativas levadas a cabo ou encabezadas por mulleres, o premio vai para Polyesteres Bidasoa, S.L., de Marín, pola súa traxectoria nos últimos 30 anos desta empresa familiar dirixida por unha muller e cun cadro de persoal paritario que apostan pola calidade, innovación, especialización e respecto polo medio ambiente.
No sector agrogandeiro, o gañador é a SAT A Pementeira, empresa ubicada no concello de Padrón, polo cultivo e promoción de pementos así como o envasado, etiquetado e comercialización en fresco ou de produtos derivados da súa transformación (marmelada e bombóns de pemento), preservando todas as características do produto acollido á DOP Pemento de Herbón.
No de innovación tecnolóxica, a vitoria foi para Gráficas Salnés, S.L., de Cambados, pola fabricación de caixas forradas para embalaxe de produtos premium (caixas para viños, alimentación gourmet, perfumes
). Todo isto dentro dun proceso de fabricación que é sostible dende un punto de vista económico e medio ambiental, usando cartón compacto reciclado como base para ás caixas e o papel do forro procedente de montes sostibles.
E, por último, na categoría de loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras, o gañador deste premio é Amarelante, S. Coop. Galega, de Manzaneda. Trátase dunha aposta polo rural a través da castaña e do cooperativismo que está a levar a cabo un proxecto de recuperación de soutos abandonados neste concello, para o aproveitamento comercial de castañas frescas, secas e en fariña.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.