
O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera compareceu ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos que serán debatidos na vindeira sesión plenaria do 24-25 de maio, trala celebración da Xunta de portavoces.
Jorquera adiantou que o BNG preguntará a Feijoo sobre a razón pola que non escoita o clamor da Comunidade educativa galega contra as reválidas da LOMCE. Para o portavoz nacionalista, a resposta da Comunidade educativa é unha auténtica moción de censura ao modelo imposto pola LOMCE e tamén unha moción de censura á Xunta de Galiza pola súa submisión ao Goberno central.
Jorquera lembrou que o presidente da Xunta acusou ás familias de estar manipuladas e o conselleiro de Educación manifestou que a asistencia ás reválidas foi razoable, a pesar do acoso político á que está sometida a LOMCE, neste sentido, o nacionalista tildou de respostas sintomáticas da desconexión do Goberno galego coa sociedade. Un goberno, insistiu, obstinado en manter unhas probas que non serán realizadas en doce comunidades.
Ademais, Francisco Jorquera avanzou que o BNG defenderá unha Moción sobre a Política Lingüística da Xunta, outra proba, dixo de desconexión do Goberno coa sociedade galega. O goberno, recalcou, tampouco escoita o clamor que esixe un cambio na orientación da política lingüística como quedou patente onte, 17 de maio, Día das letras Galegas.
Na Moción, dixo o nacionalista instamos á Xunta cumprir coa legalidade conforme o estipulado na Carta europea das linguas rexionais e minoritarias, elaborar un novo decreto que regule a normalización lingüística consonte ao Plan Xeral de Normalización Lingüística e adoptar medidas que garantan a presenza da lingua galega no ámbito xudicial e medios de comunicación.
Por outra parte, á iniciativa do BNG tamén serán debatidas dúas proposicións non de lei, unha destinada a regular unha prestación de carácter periódico para as mulleres que sofren violencia de xénero e outra sobre gastos de propaganda da Xunta pola que se insta á Xunta a eliminar os gastos de publicidade que non sexan obrigatorios pola normativa de contratación ou pola necesaria información de procesos públicos que así o requiran. Ademais, o grupo nacionalista, leva novamente ao Parlamento os retrasos nas citas para consultas de revisión oncolóxica.
Finalmente o BNG interpelará ao Goberno sobre o funcionamento e as carencias do actual modelo de emerxencias, extinción de incendios e salvamento en Galiza e dúas preguntas relativas ás axudas públicas á empresa conservas ALONSO tras o anuncio do peche da súa factoría en Celeiro e outra sobre a exclusión de profesionais da Historia, a Arqueoloxía ou Xeografía para poder facer visitas guiadas ao Patrimonio galego catalogado como ben de interese cultural.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.