Actualidad de Política

Noticias politica

O novo marco guiará ata 2025 as actuacións para evitar na comunidade galega o reparto desigual de xénero no eido dos coidados e para impulsar as carreiras de mulleres e as novas formas de traballo. O deseño do documento parte das conclusións do seu predecesor, o I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade, que estivo vixente entre 2018 e 2021 e supuxo a activación dun cento de medidas transversais por valor de case 850 millóns de euros. O plan promoverá actuacións para axudar ás mulleres a progresar nas súas carreiras profesionais e participar nas esferas de decisión.
As principais liñas para este ano vanse centrar na intensificación da cooperación transfronteiriza de proximidade e na aposta pola mobilidade académica e as conexións ferroviarias. Así, no eido da mobilidade académica vaise ampliar o programa Iacobus para investigadores e persoal administrativo das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión con novas convocatorias para estadías, publicacións científicas e patentes. Esta iniciativa dirixida a fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica recibiu en 2022 máis de 300 candidaturas.
Esta xornada enmárcase dentro do 2º encontro de intercambio de experiencias entre Gobernos autonómicos sobre conservación da natureza, organizado polo Comité Español de la Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza. Deste xeito, o encontro busca analizar o fenómeno dos incendios forestais, as súas tendencias actuais e os seus escenarios de futuro, aplicando unha perspectiva territorial, ademais de establecer a relación existente entre os incendios e os principais elementos asociados ao cambio global -urbanización, cambios nos usos do solo, cambio climático e desertificación-.
O Pazo de San Lourenzo acolleu hoxe o acto de sinatura do Protocolo para a posta en marcha da Unidade cooperativa de investigación en terapias avanzadas de Galicia, documento que foi asinado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde López; polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; polos tres reitores das universidades galegas, Antonio López Díaz, da Universidade de Santiago; Julio Abalde Alonso, da Universidade da Coruña; e Manuel Reigosa Roger, da Universidade de Vigo. Tamén asinaron o protocolo os representantes das tres fundacións de investigación sanitaria.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, reclaman que Europa teña en conta o envellecemento, dispersión de poboación e baixa natalidade á hora de distribuír fondos. O titular do Goberno galego presidiu xunto o mandatario asturiano o encontro bilateral 'El reto demográfico en Asturias y Galicia', un encontro ao que asistiron tamén a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o conselleiro do Medio Rural, José González, e que se desenvolveu baixo o lema Avanzar xuntos. No foro anunciouse que Asturias e Galicia reclamarán ao Goberno de España que solicite á Unión Europea ampliar o concepto de 'zonas escasamente poboadas' para que recolla tamén estes factores.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe, na inauguración da Xornada: Saúde con perspectiva On-LIVE, que o seu departamento acaba de iniciar o proceso participativo da nova Estratexia galega de saúde 2023-2030, 'coa que poremos a saúde da muller no centro de todas as políticas sanitarias'. Segundo o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, 'esta estratexia vai incorporar o enfoque de xénero na súa planificación e programas asistenciais, así como nos ámbitos de investigación'.
A Xunta expuxo ante a Comisión Marco das Nacións Unidas as estratexias que se están a desenvolver na Comunidade para cumprir os obxectivos de mitigación e promover a adaptación ao cambio climático. Cómpre salientar que a Xunta foi seleccionada para compartir a súa experiencia xunto ás comunidades autónomas da Rioxa, Andalucía, Murcia e País Vasco ao abeiro da xornada de presentación da Oitava Comunicación Nacional e do Quinto Informe Bienal de España e dos gobernos rexionais no marco desta comisión.
A nova PAC, que se aplicará de 2023 a 2027, conserva os elementos esenciais da PAC anterior, pero pasa de ser unha política baseada na descrición dos requisitos que deben cumprir os beneficiarios finais das axudas a ser unha política orientada á consecución de resultados concretos. Neste senso, búscase fomentar un sector agrícola intelixente, competitivo, resiliente e diversificado que garanta a seguridade alimentaria a longo prazo. Tamén se busca apoiar e reforzar a protección do ambiente, incluída a biodiversidade, e a acción polo clima e contribuír a alcanzar os obxectivos ambientais e climáticos da Unión, entre eles os compromisos contraídos en virtude do Acordo de París, e por último, fortalecer o tecido socioeconómico das zonas rurais.
O Programa FSE+ Galicia 21-27 terá como obxectivo facer unha comunidade máis social e inclusiva, co emprego como eixe clave de actuación. Dos 1.017 millóns de euros asignados a Galicia, a Administración galega xestionará preto de 449 M€, mentres que o resto dos recursos estarán a cargo da Administración xeral do Estado, a través dos programas plurirrexionais. Deses 449 millóns de euros, máis de 116 millóns destinaranse a políticas de emprego, adaptabilidade, emprendemento e economía social e uns 56 M€ ao emprego xuvenil. Entre os obxectivos que se perseguen están o de impulsar a formación de ocupados e parados, a través de accións formativas de corta duración; a mellora das capacidades do sistema público de emprego e a creación de empresas innovadoras vinculadas aos Polos de emprendemento.
O Observatorio do Sector Lácteo ten entre as súas funcións a de analizar a situación deste eido e as diferentes problemáticas que o afectan, así como a de recompilar datos técnicos e económicos das explotacións de vacún de leite. Tamén a de elaborar un sistema de información e os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo, como a situación de oferta e demanda dos produtos lácteos no mercado, os resultados da xestión técnica e económica das explotacións de leite e os prezos pagados e percibidos polos produtores.
« Anterior | 17  de  158 | Siguiente »

Notas politica

O grupo parlamentario do BNG pide que se debata e se vote no Parlamento de Galicia o cese do Valedor do Pobo, José Julio Fernández, polas súas declaracións sobre as polémicas fotografías do presidente da Xunta con Marcial Dorado. Di que as súas palabras exceden as súas competencias.
Según José Ramón Gómez Besteiro, hai algúns interrogantes que convén aclarar, sobre todo pola transparencia e por fomentar a participación que, según o líder dos socialistas lucenses, interesa a todos os socialistas galegos neste proceso.
Entre outras, para seguir blindando o seu autogoberno, seguir sendo un referente de eficiencia, seguir reforzando a cooperación e mellorar o benestar social e económico dos galegos.
Na xuntanza do Padroado da Fundación Galicia Europa deuse a coñecer a visita que realizarán 26 embaixadores dos países da Unión Europea (UE) acreditados en España a Galicia os días 20 e 21 de maio. Comprobar a aplicación das axudas e coñecer a economía galega, entre os obxectivos.
Gómez Besteiro pediu no Parlamento a activación urxente da Comisión de Demografía, que recolla unha aportación de todos os grupos políticos e administracions, para “paliar a enfermidade máis grave e silenciosa que ten Galicia”. Emprego e Benestar Social son as máximas prioridades do Presuposto da Deputación.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asistiu ao acto de colocación do busto en homenaxe a Manuel Fraga no Senado, onde dixo: “o presidente Fraga é a proba de que resulta artificiosa a contradición entre a devoción por España e a paixón por unha das súas comunidades”.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Baiona na firma do Protocolo de adhesión das organizacións empresariais á Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET).
Ana Pontón e Montse Prado lamentan que a dirección da CRTVG inicie a lexislatura mantendo a mesma liña de actuación de funcionar como apéndice do goberno e do PP.
O presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, lamenta o falecemento de José Antonio Orza do que destacou o seu traballo e entrega durante os 16 anos que foi membro do Executivo galego.
No Fórmul Europa de Nueva Economía, Feijóo dixo que o Goberno dunha única comunidade non pode decidir o destino das demáis e di que non son oportunas as ocorrencias sobre a reforma da estrutura territorial Di que Galicia ofrece un modelo para os que buscan un autonomismo sosegado.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES