
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou, no acto de colocación do busto en homenaxe a Manuel Fraga no Senado, que o presidente Fraga é a proba de que resulta artificiosa a contradición entre a devoción por España e a paixón por unha das súas comunidades. Para un galego como el, -subliñou- ser galego é a única forma de ser español. Aquí aprende que a forza do español consiste en concibilo como un gran río que recolle o caudal de múltiples afluentes que aportan a súa cultura, a súa lingua e a súa maneira peculiar de interpretar o mundo. Alá comprende que Galicia é un país que se fai grande formando parte dun todo: do todo español e do todo europeo.
Deste xeito, e nestes tempos de inquietude onde se poñen en cuestión principios da nosa vida en común, Feijóo salientou que o legado de don Manuel adquire unha importancia singular. Con el dixo- aprendemos que a grandeza dun territorio non é compatible cos muros e as fronteiras. Con el soubemos que a preservación dunha identidade non depende de torpes medidas defensivas, senón do seu espírito cordial e expansivo. En vez do
O titular da Xunta lembrou, ao longo da súa intervención, que o Presidente Fraga se instalou moi fondo no ser colectivo de Galicia porque soubo expresar esa cordial harmonía de identidades propia do pobo galego. Ese desexo de ser diferentes sen que a diferenza implique hostilidade contra nada nin contra ninguén, é algo inscrito no ser de Galicia.
Somos o pobo do Camiño, a orixe e o destino da vía de comunicación máis importante de España e de Occidente, o paso obrigado de ideas e culturas. A hospitalidade é o noso selo de distinción. A comprensión do diverso, a nosa mellor virtude.
Así mesmo, incidiu en que Manuel Fraga foi un estadista, pero non ao xeito do político prematuramente subido a un pedestal e afastado do cotián, senón apegado aos seus. Cada teoría que expón ou pon en práctica ten o contraste da xente, zumega ese sentimento popular ao que don Manuel estaba sempre atento, resaltou, ao que engadiu que establecer un paralelismo coa figura de Alfredo Brañas, obriga a recordar que don Manuel Fraga fai do soño dun galeguismo reformista, unha doutrina compartida que fai máis forte a unidade dos galegos.
O responsable do Goberno galego concluíu a súa intervención recoñecendo compartir co ex presidente da Xunta as esperanzas que depositou no Senado; unhas esperanzas que comparto porque a sempre complexa articulación territorial precisa dunha bisagra que faga posible que a relación entre as diferentes partes do Estado se produza sen chíos. Feijóo lembrou que iso é o que don Manuel sempre desexou, e ese salientou- é o gran reto que temos os que queremos preservar a súa memoria.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.