
O artigo leva por título 'Landscape and subsistence in NW Iberia during the Middle Palaeolithic (MIS 3): Faunal analysis of Cova Eirós (Triacastela, Galicia, Spain)', e fala dun medio considerablemente máis frío pero cun réxime de precipitacións similar ao actual.
A investigación está liderada por Hugo Bal García, do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT) da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), e por Iván Rey Rodríguez, do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. Traballan tamén nela o investigador principal do proxecto, Ramón Fábregas Valcarce (USC, CISPAC), Arturo de Lombera Hermida (UNIOVI, CISPAC), Mikel Díaz Rodríguez (UVIGO, CISPAC), Carlos Fernández Rodríguez (ULE) e Xosé Pedro Rodríguez Álvarez (URV, IPHES-CERCA).
O traballo ofrece a análise de máis de 1,000 restos fáunicos recuperados no Nivel 3 do xacemento, o cal presenta unha antigüidade de en torno aos 41,000 anos. Nesta época os neandertais aínda ocupaban as Serras Orientais de Galicia, explotando unha ampla variedade de recursos entre os que o cervo era a súa principal presa, pero non a única, pois mesmo se detectou a explotación intencional de osos das cavernas. Este estudo serviu para comprobar que estes grupos neandertais tiñan unha gran mobilidade polo territorio, do que facían un uso extensivo e se aproveitaban do feito de que a cova se atope nun ecotono (a fronteira entre distintos ecosistemas), o que proporcionaba acceso a un maior número de recursos.
Ademais de abordar as estratexias de subsistencia neandertais, o principal feito a destacar deste artigo é que ofrece unha reconstrución aproximada das condicións climáticas ás que se enfrontaron estes cazadores-recolectores. A partir da información ecolóxica que achegan as máis de 30 especies identificadas na cova -varias delas extintas a día de hoxe, coma o mamut laúdo- os investigadores puideron deducir unha temperatura media anual sensiblemente inferior á actual, cun descenso medio de -3 ºC; mentres que as precipitacións se mantiveron bastante elevadas, cunha diferencia de tan so 150 mm anuais menos que na actualidade.
Isto permitiu que se mantivera unha comunidade vexetal relativamente importante, cun medio dominado por bosques de baixa densidade intercalados con pradarías húmidas nun momento no que na maior parte da Península Ibérica dominaban o frío e a aridez, o que convirte as Serras Orientais de Galicia nun auténtico refuxio climático que permitiu a supervivencia dos grupos neandertais ata momentos máis recentes que noutras zonas do norte peninsular.
A investigación enmárcase nos proxectos de investigación desenvolvidos no xacemento con financiamento do Ministerio de Ciencia do Gobierno de España e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.