
Coordinada por Francisco Aguiar e Evelia Murcia, a iniciativa quere establecer alianzas e estratexias desde o traballo social para o desenvolvemento de comunidades sostibles e resiliente, ser un foro de debate sobre a necesidade dunha transición xusta e analizar os conflitos socioambientais e os impactos xerados nas comunidades polos proxectos extractivistas e de explotación industrial dos bens naturais.
De Altri ás eólicas
A programación desenvolverase os dous días na sala Emilia Pardo Bazán, no soto do Edificio de Ferro, a partir das 16.00 h, contando co apoio do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. O primeiro día, o 6 de maio, comezará cunha conferencia de Emiliana Vicente, presidenta do Consejo General del Trabajo Social, sobre a responsabilidade do traballo social fronte aos desafíos ecolóxicos e a xustiza ecosocial. Seguiranlle intervencións sobre a avaliación do impacto social dos proxectos industriais, a cargo de Fernando Relinque, director da Cátedra Trabajo Social Verde da Universidad Pablo de Olavide (Sevilla), e sobre o impacto ambiental da macrocelulosa de Altri, con Serafín González, investigador do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.
Esta primeira sesión tamén contará coa conferencia Matria. Poesía para a terra, de Adela Figueroa, bióloga e escritora, fundadora de Adega, e o faladoiro Non somos terra de sacrificio: comunidades en loita pola defensa do territorio e da vida. Neste último participarán membros de Plataforma Ulloa Viva; Plataforma Veciñal Mina de Touro-O Pino Non; Plataforma SOS Suído-Seixo e Stop Eólicos Limia-Xurés-Celanova. Pechará a programación un diálogo aberto con plataformas veciñais arredor da pregunta de cal debe ser o papel do traballo social na defensa do territorio e no desenvolvemento sostible das comunidades, moderado por Miriam Sierra, presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
Falando desde a experiencia
O mércores 7 a actividade arrancará cun panel de experiencias grupais e comunitarias de traballo social ecosocial no que se falará do Grupo para a abordaxe integral da saúde sexual desde o ecofeminismo; do traballo social comunitario no Val do Jerte (Estremadura) sobre redes para envellecer na comunidade; da natureza no programa grupal de mulleres con cancro Vitalia, e dos grupos con perspectiva ecosocial en colectivos vulnerables. Tamén haberá espazo para falar do traballo dos grupos de profesionais, concretamente do International Social Work Group in Ecological Justice; do Grupo Promotor de Trabajo Social Ecosocial de España; do Grupo de Trabajo Ecosocial de la Asociación Universitaria de Trabajo Social e do Grup de Treball Social Ecosocial do Col·legi Oficial de Treball Social de València. A programación inclúe a presentación da guía Unha receita para a diversidade cultural. Educar para a sostibilidade e a soberanía alimentaria a través da antropoloxía da alimentación, a cargo de Beatriz Comendador, do grupo de innovación docente en EduAcción Patrimonial da Universidade de Vigo, e o Obradoiro vivencial. Explorando o traballo social ecosocial a través da arte, a cargo de Andrea Alfaya.
Como actividade en conexión con esta xornada está a proxección, o día 8 de maio, ás 20.00 h., no Cineclube Padre Feijoo, do documental A loita final, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, e no que se abordan os posibles efectos da implantación da macrocelulosa de Altri. Esta actividade está organizada polo Cineclube Padre Feijoo e a Plataforma Ulloa Viva-Grupo Ourense.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.