
Durante a súa intervención, a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, reiterou que o obxectivo da Xunta é que Galicia acade a neutralidade climática o antes posible e, de feito, xa asumiu o compromiso europeo de reducir as emisións de gases nun 57 % en 2030.
Nesa liña, Pérez explicou que a Comunidade ten a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 como folla de ruta que sustenta os instrumentos e liñas de actuación do Goberno galego nesta materia e que se basean en catro piares estratéxicos: a mitigación, a adaptación, a investigación e a innovación, e a dimensión social, gobernanza e sensibilización.
A directora xeral tamén puxo en valor tanto o traballo desenvolvido pola Oficina Técnica do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, que permitiu pasar dos 22 concellos adheridos en 2018 aos 285 actuais, como a iniciativa Alianza galega polo clima, que con 50 entidades adheridas supón un exemplo de colaboración para crear sinerxías entre os sectores público e privado.
A maiores, o Goberno galego está a preparar a que será a primeira Lei do clima de Galicia, unha norma que considerará a cuestión climática como un valor prioritario en todas as políticas que se desenvolvan na Comunidade e que recoñecerá a obriga legal de acadar a neutralidade climática en 2050. Esta proposta lexislativa, que ten como obxectivo aumentar a resiliencia, está previsto que inclúa medidas para mellorar a eficiencia enerxética, protexer o medio ambiente e apoiar ás entidades locais na toma de medidas contra o cambio climático.
Finalmente, no campo da investigación e a innovación, a Xunta deu a coñecer o proxecto SICLE-CO2: solucións innovadoras para compensar as emisións de carbono, que utiliza propostas novidosas para compensar as emanacións de gases de diversas fontes como o transporte ou a industria.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.