//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O conselleiro do Medio Rural, José González, vén de remitir unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, para demandar unha reunión urxente co gallo de tratar a discriminación territorial de Galicia respecto da repartición das axudas directas que constan no Real Decreto-lei publicado o pasado venres 12 de maio. Tal e como se acordara na reunión mantida o pasado luns, a misiva tamén está asinada por Unións Agrarias, a Asociación Agraria de Galicia, o Sindicato Labrego Galego, a Asociación Galega de Cooperativas e o Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia.
O texto legal conta cun título preliminar e sete títulos nos que se regulan diferentes aspectos como o obxecto da norma e a definición dos beneficios sociais e económicos; a análise integral á que serán sometidos os proxectos que fan un uso intensivo da auga, as iniciativas mineiras e as de producción de enerxía a partir de fontes renovables; ou a constitución dunha sociedade mixta que poderá ser titular de proxectos de aproveitamento de recursos. A futura lei tamén contempla a creación dun canon para gravar as liñas eléctricas que conectarán os parques da enerxía eólica mariña, o desenvolvemento dos proxectos de autoconsumo nas áreas empresariais, así como a creación dun fondo para a recuperación de territorios afectados por incendios.
O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, vén de manter unha xuntanza con asociacións, sindicatos e organizacións agrarias, así como co consello regulador das indicacións xeográficas protexidas (IXP) de Carne de Vacún de Galicia, para analizar as medidas do Goberno central para paliar a seca e os efectos da invasión rusa de Ucraína que se publicaron o pasado venres mediante Real Decreto-lei no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A Xunta insta ao Goberno a habilitar os trens AVRIL para que a alta velocidade chegue ás principais cidades galegas e a modernizar a rede ferroviaria que une A Coruña con Lugo e Ferrol. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez subliñou as actuacións recoñecidas hoxe, o AVE galego e a obra civil e mariña para a descarga de cru en Langosteira, grazas ao esforzo titánico de enxeñeiros, técnicos, directores de obra ou operarios implicados en converter en realidade estas infraestruturas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o proxecto de Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, unha norma impulsada en setembro do ano 2022 co fin de que a comunidade acade o autogoberno pleno sobre a franxa costeira e garantir o equilibro entre a preservación dos valores, paisaxes e ecosistemas desta zona e a realidade socioeconómica que caracteriza a esta parte do territorio. Rueda lembrou que Galicia 'é a comunidade con máis quilómetros de costa', o que fai que teña un 'modelo produtivo moi ligado ao mar'. Por iso, subliñou que a Xunta aposta por unha regulación de costas 'adaptada á realidade galega' e unha ordenación do litoral 'realista, razoable e eficaz'.
O Observatorio da Vivenda de Galicia, órgano de carácter consultivo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, advertiu de que a aprobación da Lei polo dereito á vivenda nos seus termos actuais podería provocar un bloqueo na construción de novas vivendas protexidas por parte dos promotores privados. Os membros do Observatorio coincidiron en manifestar a súa preocupación polos posibles impactos negativos que podería ter esta lei sobre o mercado da vivenda en xeral e, concretamente, no do alugueiro, causando distorsións e efectos mesmo contrarios aos que se perseguen.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na 17ª reunión da Comisión de Cidadanía, Gobernanza, Asuntos Institucionais (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR). A recepción e integración dos refuxiados ucraínos en Europa, as conclusións da Conferencia sobre o Futuro de Europa (COFE), e a como loita contra a desinformación foron os principais temas a tratar na xuntanza. No marco do próximo informe sobre o estado das rexións e cidades, que se centrará no impacto migratorio da guerra en Ucraína, a reunión CIVEX abordou as conclusións dunha enquisa realizada polo CdR e a OCDE no segundo semestre de 2022 sobre a acción dos gobernos subnacionais para abordar as necesidades dos refuxiados ucraínos.
A Xunta acaba de convocar con carácter urxente unha reunión do Observatorio da Vivenda de Galicia para abordar como tema central o proxecto da Lei polo dereito á vivenda, que actualmente encara a recta final da súa tramitación no Congreso dos Deputados. Tras participar nun acto en Santiago, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, indicou que o Observatorio se reunirá este mesmo venres en resposta á grande inquedanza coa que reaccionou todo o sector en Galicia ante os últimos anuncios realizados polo Goberno central con relación ao contido da futura lei.
O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta tarde no Consello Consultivo de Política Agrícola e Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios en Madrid. Alí o conselleiro instou ao Goberno central a traballar en conxunto para baixar a inflación sen reducir o prezo de orixe dos produtos agroalimentarios, tales como a carne. Así, José González asegurou que cómpre establecer medidas como o IVE cero para que os produtores alimentarios en xeral poidan cubrir tamén os seus custos de produción e manter un marxe de beneficio, coa finalidade última de que as súas explotacións poidan seguir sendo rendibles.
O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, desmentiu hoxe no Parlamento, ante unha pregunta da oposición, a existencia de calquera cesión de tecnoloxía sanitaria de titularidade autonómica á sanidade privada para obtención de beneficios. Aboal concretou que, no ano 2015, a Xunta adxudicou diversos contratos de adquisición de equipamento tecnolóxico, parte dos cales obtiveron financiamento por parte da Fundación Amancio Ortega. No caso concreto da área sanitaria da Coruña, o acelerador lineal e o PET-TC adquiridos puxéronse a disposición, mediante un convenio asinado no ano 2016, do Consorcio Oncolóxico de Galicia, un consorcio público autonómico creado mediante decreto no ano 2008 polo goberno bipartito.
Vertixe Sonora Ensemble ofrece un concerto na Facultade de Belas Artes de Pontevedra no marco do ciclo Do audible que busca unha interacción entre propostas musicais de vangarda e varios campos da expresión e do pensamento.
A viceportavozYolanda Díaz solicitara antes a comparecencia do Modesto Fernández, xerente dos populares galegos ao tanto do presunto financiamento irregular do partido.
Os socialistas destacan que a responsabilidade e a ética política deben ir vencellados coa representación política dos cidadáns nunha democracia e instan a González Capón a deixar o seu cargo tras unhas declaracións que degradan as vítimas do franquismo en particular e a calquera demócrata en xeral
Asegura que a Xunta seguirá apoiando a aqueles concellos que se queiran fusionar: Fomentaremos todas as posibilidades de cooperación municipal xa sexa unha cooperación definitiva, a través dunha fusión legal, ou xa sexa a través de fórmulas de cooperación na presentación de proxectos a ser financiados pola comunidade autónoma.
Os sectores das enerxías renovables ou do naval centrarán as relacións económicas e empresariais entre Galicia e Uruguai, según o acordado polos presidentes Feijóo e Mujica no encontro bilateral mantido en Compostela.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ten previsto realizar unha viaxe a Cuba no segundo semestre deste ano 2013, nunha visita que terá como prioridade reforzar o apoio aos galegos que residen nese país, así como afondar nos vínculos económicos entre Galicia e a illa cubana.
"Temos motivos para crer que o proceso reorganizador poida pronto ser unha realidade en Alemaña, Venezuela, Cuba, Brasil, e mesmo Arxentina e Uruguai, salienta o secretario xeral de Emigración que destaca o labor da diáspora nestes tempos difíciles de grave crise.
Galicia poderá seguir recibindo ese 60% de axudas europeas co que viñan contando as rexións que agora abandonan o Obxectivo de Converxencia. Galicia, desde a periferia, segue contribuíndo á consolidación da Unión Europea (UE).
Destaca a importancia de poñer en marcha, no menor tempo posible, un marco salarial homoxéneo de retribucións das corporacións locais e incide na necesidade de defender as especificidades territoriais á hora de determinar o custe estándar de cada servizo.
A lexislatura na que máis pagos fixo a Xunta a empresas de Marcial Dorado Baúlde foi na 2005-2009, co goberno bipartito PSOE-BNG: 131.799,10 euros.