Noticias

Galicia salienta a importancia da cooperación público-privada para lograr unha mellor integración local dos refuxiados

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na 17ª reunión da Comisión de Cidadanía, Gobernanza, Asuntos Institucionais (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR). A recepción e integración dos refuxiados ucraínos en Europa, as conclusións da Conferencia sobre o Futuro de Europa (COFE), e a como loita contra a desinformación foron os principais temas a tratar na xuntanza. No marco do próximo informe sobre o estado das rexións e cidades, que se centrará no impacto migratorio da guerra en Ucraína, a reunión CIVEX abordou as conclusións dunha enquisa realizada polo CdR e a OCDE no segundo semestre de 2022 sobre a acción dos gobernos subnacionais para abordar as necesidades dos refuxiados ucraínos.

Neste sentido, Gamallo referiuse á cooperación público-privada como “necesaria para lograr así unha mellor inclusión local dos refuxiados” e destacou a boa acollida que en Galicia tiveron arredor de 2.500 refuxiados ucraínos que chegaron desde que comezou a guerra. Do mesmo xeito, lembrou o labor do Programa de Protección Internacional en Galicia e os itinerarios para refuxiados que se instrumentan a través de subvencións a ONG e concellos.

O papel dos entes locais e rexionais na loita contra a manipulación informativa tamén centrou boa parte da reunión. No debate abordouse a necesidade de formar os representantes locais e rexionais na loita contra esta desinformación e a de incluír a perspectiva rexional nas estratexias da UE. Ademais, recordouse o labor dos representantes locais e rexionais na concienciación da poboación respecto ás campañas de desestabilización por parte de axentes estranxeiros.

Na reunión tamén se debateron as novas vías da democracia europea e as conclusións da Conferencia sobre o Futuro de Europa de cara ás próximas eleccións europeas de 2024. O debate pretende reforzar a participación e cooperación no CdR para reflectir as principais conclusións do COFE nas súas actividades lexislativas e políticas.

A Comisión CIVEX do Comité das Rexións

O Comité Europeo das Rexións representa os entes locais e rexionais da Unión Europea, e asesora sobre aquelas políticas e lexislacións que teñen un impacto directo sobre eles. Galicia conta cun membro titular e un suplente nesta asemblea política composta por 329 membros e os seus respectivos suplentes.

No actual mandato 2020- 2025, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía, polo que nestes momentos contribúe de maneira fundamental a un dos obxectivos políticos prioritarios da UE: reforzar a democracia europea.

R., 2023-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES