
Así, explicou que este órgano foi creado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) co fin de facilitar o acceso á información e ao coñecemento de todos os aspectos relacionados co sector residencial na Comunidade e que nel están representados promotores e axentes inmobiliarios, asociacións relacionadas co mundo da vivenda, arquitectos e representantes das administracións locais, entre outros colectivos.
Neste sentido, a conselleira xustificou a convocatoria do Observatorio da Vivenda de Galicia ante a transcendencia da norma estatal que se quere aprobar e co obxectivo de fixar un posicionamento común ante a mesma.
De feito, lembrou que o pasado venres a Consellería solicitou ao Executivo central que convoque coa maior urxencia posible á Conferencia Sectorial de Vivenda e Solo para abordar o proxecto de lei, recordando que o texto non foi debatido coas comunidade neste órgano a pesar de que os Gobernos autonómicos teñen competencias na materia. Pedimos urxentemente unha Conferencia Sectorial con todas as comunidades porque queremos claridade e transparencia pero aínda non temos resposta, engadiu.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.