Notas de prensa

Confianza en que o Camiño da Unión de Centros Galegos siga fóra de España

"Temos motivos para crer que o proceso reorganizador poida pronto ser unha realidade en Alemaña, Venezuela, Cuba, Brasil, e mesmo Arxentina e Uruguai”, salienta o secretario xeral de Emigración que destaca o labor da diáspora nestes tempos difíciles de grave crise.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, confía en que o proceso de unión de entidades que se materializou por 15 centros galegos presentes en Cataluña, e á que asistiu o Presidente Feijóo, se poida dar en breve noutras entidades galegas da diáspora en terras máis afastadas.

Así, na súa recente viaxe a Venezuela, Miranda puido constatar as firmes intencións que a este respecto lle transmitiron dalgunhas entidades presentes na capital e a súa zona de influenza. “Malia que no país existe un centro cun peso específico superior –dixo Miranda en referencia á Hermandad Gallega de Caracas-, outras entidades apostarían por unirse a ela e así fortalecer aínda máis a presenza e solvencia da Galeguidade en Venezuela”. Tamén citou que existen posibilidades reais de unión en Cuba, ou Brasil.

Igualmente, e sen saír de Latinoamérica, o amplo abano de entidades galegas presentes en Bos Aires e Montevideo podería en breve camiñar cara a unión dalgunhas delas, sempre co obxectivo -compartido en todos estes procesos- de que xurdan organismos máis fortes, máis sostibles e que, polo tanto, ofrezan máis servizos aos galegos do Exterior.

“Congratúlanos que no caso da diáspora en Arxentina e Uruguai, eles tamén viven alí este momento como un importante fito para camiñar nesta senda. Pola súa transcendencia histórica e importancia numérica, sería moi interesante que a diáspora de ambas nacións volvese ser punta de lanza no proceso de unificación e engrandecemento da Galeguidade”, recalcou Miranda.

Referentes sociais

A este respecto, o alto cargo da Administración autonómica galega afirmou que “estase perfectamente concienciado no Exterior da necesidade de traballar xuntos para xerar unhas entidades que sexan auténticos referentes sociais no entorno que están situadas”, como de feito xa o son arestora moitas delas, e algunhas xurdidas precisamente da unión doutras menores.

Na entrevista, realizada polo xornalista Alberto Varela, o secretario xeral da Emigración fixo fincapé en que os procesos de unificación serán apoiados polo Goberno galego, e de feito xa se teñen publicado no DOG ordes de axudas a centros da diáspora que priman aos que se teñan adherido a algún destes procesos.

Embaixadores de Galicia

Rodríguez Miranda reiterou a idea do Presidente Feijóo de que tras cada emigrante pode agocharse o mellor embaixador da Galicia territorial, e que de feito son moitos os galegos da diáspora que están botando unha man –“importantísima” dixo Miranda-, de maneira altruísta pero entusiasta, no proceso de busca de novos investidores para as empresas galegas, e de novos mercados para os seus produtos e servizos.

Neste senso, apuntou o secretario xeral, “teño que dicir moi satisfactoriamente que a receptividade é total, todo o mundo se pon a disposición e pregunta ‘onde pode axudar’, e eu creo que un exemplo deste traballo, desta axuda, son os resultados que se están a ver en México”, dixo, en referencia aos recentes contratos acadados no país azteca en beneficio do sector naval galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES