
Nesta competición, o éxito virá determinado polo rendemento dos seus clientes nun concurso de preguntas e respostas. Os clientes dos bares poderán participar no concurso en liña escaneando o código QR que aparecerá nunha das caras do pousavasos e respondendo a unha breve pregunta. Deste xeito, o proxecto pretende “fomentar conversacións sobre o bilingüismo, os mitos lingüÃsticos e o procesamento da linguaxe en contornas distendidas, tendendo unha ponte entre a lingüÃstica académica e a vida social cotiá”, sinalan dende o equipo impulsor da iniciativa integrado por Sabela Morais MartÃnez, Hugo Parra, Sabela Treinta Lomba, Marco Bravo RodrÃguez, Samuel Fentanes e LucÃa Vieitez Portas.
As solicitudes poden enviarse ao enderezo dallealingua@usc.gal. A lista de todos os bares participantes estará dispoñible antes de que comece o concurso, que terá lugar ao longo dunha campaña de cinco semanas no outono deste ano. A data de comezo será o sábado 26 de setembro (DÃa Europeo das Linguas) e a de remate o domingo 1 de novembro.⠀
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Asà o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos paÃses e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.