Notas de prensa

A Xunta entrega á presidenta do Parlamento os datos que complementan a resposta a AGE sobre os pagos a Marcial Dorado

A lexislatura na que máis pagos fixo a Xunta a empresas de Marcial Dorado Baúlde foi na 2005-2009, co goberno bipartito PSOE-BNG: 131.799,10 euros.

A Xunta de Galicia, a través do seu director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentaria, entregou hoxe á Presidenta do Parlamento os datos que complementan a resposta á pregunta parlamentaria 6.687 do Grupo Parlamentario Alternativa Galega de Esquerdas ao respecto dos pagos realizados desde a Xunta de Galicia a empresas de Marcial Dorado Baúlde nos últimos vinte anos:

- A lexislatura na que máis pagos fixo a Xunta a empresas de Marcial Dorado Baúlde foi na 2005-2009, co goberno bipartito PSOE-BNG: 131.799,10 euros

- Case a metade -o 45%- do total dos pagos realizados a empresas de Marcial Dorado Baúlde nos últimos vinte anos producíronse durante os catro anos do goberno bipartito PSOE-BNG. O 45% -131.799€- durante os catro anos do goberno bipartito; o 55% -162.344€- durante 16 anos de gobernos do PP.

- As lexislaturas nas que menos diñeiro recibiron as empresas de Marcial Dorado Baúlde foron as tres nas que Alberto Núñez Feijóo ten formado parte do Consello da Xunta de Galicia (2001-2005, 2009-2012, 2012-).

- A maior axuda pública da Xunta que recibiu unha empresa ou sociedade de Marcial Dorado Baúlde foi en 2007, co bipartito PSOE-BNG: 125.097 euros. É a única axuda, subvención ou pago que recibiu unha empresa de Marcial Dorado Baúlde sen ningún tipo de contraprestación para a administración.

- O 97% dos pagos da Xunta a empresas de Marcial Dorado Baúlde durante os gobernos do Partido Popular foron mentres era inocente ante a Xustiza.

- O 100% dos pagos da Xunta de Galicia a empresas de Marcial Dorado Baúlde durante o goberno bipartito PSOE-BNG, a lexislatura de maior contía, tiveron lugar cando Marcial Dorado Baúlde xa estaba xulgado e condenado.

A Xustiza, nas súas diferentes investigacións, nunca ten posto en cuestión a legalidade de ningún destes pagos e a Xunta de Galicia tampouco o fai ao respecto da actuación da administración en calquera das súas etapas, incluída a do bipartito PSOE-BNG, a de maior contía, por máis que Marcial Dorado Baúlde estaba xa entón xulgado e condenado nese momento.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES